Martin Mystère é personaxe de cómic italiano creado por Alfredo Castelli e debuxado por Giancarlo Alessandrini e Lucio Filippucci, publicado por primeira vez en Italia por Sergio Bonelli Editore en 1982 e que aínda se segue a publicar. Coñecido polo sobrenome de detective do imposible, indaga sobre misterios sen resolver como a Atlántida, avistamentos dos OVNI, poderes extrasensoriais, enigmas da historia, da arqueoloxía e da ciencia. As súas aventuras traducíronse a varias linguas e publicáronse nos Estados Unidos, España, Alemaña, Francia e o Brasil. No 2004 fíxose en Francia unha serie de debuxos animados protagonizada por Martin Mystère.