René de La Coste-Messelière

René Frotier de La Coste-Messelière, de nome completo René Louis Marie Armand Frotier de La Coste-Messelière foi un arquiveiro e historiador francés nado o 4 de decembro de 1918 en París e finado o 10 de maio de 1996 en Saint-Pierre-de-l'Isle.[1] Recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993.

Infotaula de personaRené de La Coste-Messelière
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 1996 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Saint-Pierre-de-l'Isle, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFontegrive Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole des chartes (pt) Traducir
Q113685832 Traducir Editar o valor em Wikidata
Tese académicaRecherches sur le pagus, la viguerie et la châtellenie de Melle (Xe-XVe siècle) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquiveiro , historiador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaQ16034201 Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiPierre de La Coste-Messelière (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Orixes familiares e formación editar

A través do seu pai, o arqueólogo e helenista Pierre de La Coste-Messelière, descende dunha familia de Poitou que deu á Igrexa dous bispos e un senescal á realeza.

Despois de estudar na École des chartes, na que se licenciou en 1950 grazas a unha tese sobre o pagus e a viguerie de Melle, foi residente na Escola de Altos Estudos Hispánicos de Madrid de 1950 a 1952.[2]

Carreira e actividades científicas editar

En 1952, foi nomeado conservador dos Arquivos Nacionais onde desenvolveu toda a súa carreira até a súa xubilación en 1983, agás unha comisión de servizo no CNRS de 1960 a 1962. Ese mesmo ano ingresa na Société des Amis de Saint Jacques de Compostelle (Sociedade de Amigos de Santiago de Compostela), creada en 1950 por Jean Babelon (o seu primeiro presidente) e un grupo de intelectuais franceses, da que se converteu en secretario xeral. En 1970 fundou o Centre d'études compostellannes, para promover a investigación histórica sobre a peregrinación a Santiago de Compostela. Tamén está na orixe da Association des Amis de Saint-Jacques-de-Compostelle en Poitou-Charentes e Vendée, creada en 1975. En 1978, á morte de Jean Babelon, pasou a ser presidente da Sociedade.

Obra editar

Lista de obras publicadas por René Frotier de La Coste-Messelière:[3]

  • "Chemins médiévaux en Poitou", Bulletin philologique et historique (1960), Vol. I, p. 207-223.
  • "Écrits et actes royaux contre les abus des pèlerinages à l'étranger et pérennité du pèlerinage à Saint-Jacques-de-Compostelle", Actes du 94e Congrès des sociétés savantes, Pau, 1969, p. 115-128.
  • "Sources et illustrations de l'histoire des établissements hospitaliers et du pèlerinage de Saint-Jacques-de-Compostelle, des passages de la Loire au grand chemin chaussé des pèlerins de Saint-Jacques", Bulletin de la Société historique et scientifique des Deux-Sèvres- 2° série, t.X, 1977, p. 1-77.
  • Sur les chemins de Saint-Jacques, Perrin, París, 1999.

Notas editar

  1. "matchID - Moteur de recherche des décès". deces.matchid.io. Consultado o 2024-03-02. 
  2. Necrolóxica por Didier Ozanam, Bibliothèque de l'École des chartes, 1996, p. 734-736.
  3. Escolma non exhaustiva, extraída dos arquivos familiares de Frotier de La Messelière.

Véxase tamén editar