Remuíño, Remuíño, A Arnoia
lugar da parroquia de Remuíño, no concello da Arnoia
Remuíño é un lugar da parroquia de Remuíño no concello ourensán da Arnoia na comarca do Ribeiro. Segundo o INE[1] e o IGE[2] en 2011 tiña 102 habitantes (53 homes e 49 mulleres), os mesmos ca en 2010 (52 homes e 50 mulleres) e 15 menos ca en 2004.
Remuíño | |
---|---|
Vista xeral da aldea | |
Parroquia | Remuíño |
Concello | A Arnoia |
Coordenadas | 42°14′20″N 8°08′21″O / 42.2387915, -8.1392291 |
Poboación | 102 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarRemuíño era hai anos unha das tres parroquias do concello da Arnoia coa Arnoia e Sande. Despois quedaron reducidas a dúas: A Arnoia e Remuíño. Durante a II República, Remuíño tivo un dos núcleos máis activos do socialismo.[3]
Patrimonio
editar- Igrexa de Santo Antón: do século XVIII con campanario do XIX, retablo neobarroco, gárdase nela unha suposta reliquia da cruz de cristo.
- Casa do administrador da Inquisición, actualmente chamada Vila Petronila: casa con baixo e planta con escudo heráldico cos símbolos da Inquisición coroada por unha coroa de marqués.
- Barrio bodegueiro de Pousadorio: un outeiro fronte a Remuíño no cal se atopan soamente bodegas e viñas, no seu alto subían na procesión das rogativas a botar a bendición ós campos, hoxe consérvase o penedo e no seu alto un oco cadrado onde se atopaba unha cruz,ao seu lado aínda se pode atopar unha roda de muíño tallada en situ.
Lugares e parroquias
editarLugares de Remuíño
editarLugares da parroquia de Remuíño no concello da Arnoia (Ourense) | |
---|---|
Parroquias da Arnoia
editarGalicia | Provincia de Ourense | Parroquias da Arnoia | |
---|---|
Notas
editar- ↑ INE (ed.). "Instituto Nacional de Estadística. Nomenclátor. Relación de unidades poblacionales" (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2012.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia - A Arnoia - A Arnoia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 9 de novembro de 2012.
- ↑ Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión Julio Prada Rodríguez, Ediciós do Castro, 2004.