Reggie Jackson
Reginald Shon "Reggie" Jackson, nado o 16 de abril de 1990 en Pordenone, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Los Angeles Clippers – No. 1 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 16 de abril de 1990 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 94 kg (208 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Palmer (Colorado Springs, Colorado) |
Universidade | Boston College (2008–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 24 Por Oklahoma City Thunder |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Oklahoma City Thunder (2011–2015) → Tulsa 66ers (2012) Detroit Pistons (2015–2020) Los Angeles Clippers (2020–presente) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesionalEditar
Jackson foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Oklahoma City Thunder.[1] Na súa primeira tempada na NBA, tan só xogou 11.1 minutos por partido en 45 encontros, sendo o terceiro base por detrás de Russell Westbrook e Eric Maynor. Anotou algo máis de tres puntos por partido, pero as súas porcentaxes foron moi baixas, un 32% en tiros de campo, e un 21% en triplas. Nos playoffs de 2012, onde os Thunder perderon nas Finais da NBA contra os Miami Heat por 4-1, Jackson non participou en ningún dos 20 partidos.
O 19 de febreiro de 2015, Jackson foi traspasado ós Detroit Pistons nun traspaso entre os Thunder, os Pistons e os Utah Jazz.[2]
O 20 de febreiro de 2020, Jackson asinou cos Los Angeles Clippers.[3]
NotasEditar
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xullo de 2011.
- ↑ "Detroit Pistons Acquire Guard Reggie Jackson". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "L.A. Clippers Sign Guard Reggie Jackson". NBA.com. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2020.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)