Refraneiro galego da chuvia
A seguir recóllese a pegada da chuvia na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
A chuvia segundo as datas
editar- Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro.[1]
- Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.[1]
- Se chove en xaneiro, nin boa meda nin bo palleiro.[1]
- Auga en febreiro mellor ca en xaneiro.[1]
- Auga/chuvia de febreiro fai palleiro.[1]
- Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo nin bo lameiro.[1]
- Marzo ventoso e abril chuvioso.[1]
- En marzo auga que non molle o rabo do gato.[1]
- Abril para ser abril ten que vir con augas mil.[1]
- Abril augas mil, se non é no comezo ó medio ou á fin.[1]
- Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gado.[1]
- Abril quente e mollado carga o carro e engorda o gado.[1]
- Chova para min abril e maio e para ti todo o ano.[1]
- Auga de maio trae bo ano/pan para todo o ano.[1]
- Moitas augas en maio traen mal ano.[1]
- A porca de maio ou no principio ou no cabo, e han parar os bois quince días antes ou despois.[1]
- A porca de maio vale máis no principio ca no cabo.[1]
- Chuvia no mes de agosto non é chuvia que é mel e mosto.[1]
- Nadal mollado e xaneiro ben xeado.[1]
- Se polo san Xurxo chove, de mil cereixas quedan nove.[1]
- A mera de San Xoán leva o viño e non deixa o pan.[1]
- A mera de san Xoán leva o viño e mailo pan.[1]
- Chuvia por santa Lucía tolle a sardiña.[1]
Prognóstico da chuvia
editar- Auga de mediodía, auga de todo o día.[1]
- Auga miúda, vendaval que dura.[1]
- Auga/chuvia mañanceira non é duradeira.[1]
- Brétemas no alto, chuvias no baixo.[1]
- Cando chove moito, ha de escampar logo.[1]
- Cando o sol madruga, é sinal de chuvia.[1]
- Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día.[1]
- Se o gato lava a cara, é que venta enchente de auga.[1]
Outros
editar- Ano de chuvias, poucas madrugas.[1]
- Auga de trebón nunha parte dá e noutra non.[1]
- Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro.[1]
- Cando chove e vai sol, alegre está o pastor.[1]
- Cando chove e vai sol, é tempo de requeixón.[1]
- Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa.[1]
- No ano que moito chove o labrego traballa máis que come.[1]
- Cando chove e máis fai sol, anda o demo por Ferrol.
- Manda chover na Habana!.[1]
- Non hai sábado sen sol.[1]
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 González Guerra, Anxo; Ogando Valcárcel, Vitoria. "Nomes galegos para o chover". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-02-19.