A manteiga na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada da manteiga na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Muller elaborando manteiga
Refraneiro popularEditar
- A muller e a manteiga, adobalas pra levalas á feira.
- A veiga e a manteiga, a bondade tena na veiga
- Época da castañeira, villotes, pan e manteiga.
- Na cama do can non cates /busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga.
- No bico /niño do can non cáte-lo pan, nin no fuciño da cadela vaias cata-la manteiga.
- O aceite, en calando; a manteiga, en ruxindo.
- Queixo de ovella, leite de cabra e manteca de vaca.
- Se os penedos de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga i o río de Ouro viño mouro, non habería terra como a do Vale de Ouro.[1]
- A muller e a manteiga adóbanse prá feira.
- A veiga e a manteiga, a bondá ten á beira.
A manteiga e a tonaEditar
- A muller que come a nata non pode ter a manteiga.
- A muller que come /vende a nata non ten sorte na manteiga.
- A muller que vai á nata non ten parte na manteiga.
- Non hai pior vicio que o leite con tona e pantrigo.
NotasEditar
- ↑ Fai referencia a localidades do norte da provincia de Lugo
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- BENAVENTE JAREÑO, Pedro; FERRO RUIBAL, Xesús: Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela (1994).