Abrir o menú principal

O queixo na cultura popular galega

Queixos DOP Tetilla

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de queixos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Refraneiro popularEditar

 
A queixo e touciño, grolo de viño
Artigo principal: Refraneiro galego do queixo.
  • A queixo e touciño, grolo de viño.
  • Do queixo do Cebreiro comer ata o sombreiro.
  • Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.
  • En san Xoán, pouco queixo e moito pan.
  • En san Xoán, tanto queixo como pan.
  • En san Xoán, tanto queixo como pan; polo san Pedro, tanto queixo coma un dedo, e polo Santiago, agárraselle ó rabo.
  • Por san Xoan, tanto queixo como pan.
  • O pan, con ollos; o queixo, cego; e o viño, anexo.
  • O pan, con ollos; o queixo, sin ollos; o viño, que salte ós ollos.
  • Queixo, sin ollos; e pan, con ollos.
  • O queixo e o barbeito, en abril ou maio sea feito.
  • O queixo millor é fresco, porque non está tan seco.

CantigasEditar

  • Para pan de trigo, Caldas;/ para queixo San Simón;/ para empanadas, en Noia;/ para lampreas, Padrón.

Véxase taménEditar