Redwashing
Redwashing (do inglés red, vermello, e whitewash, branquear ou encubrir), lavado vermello ou lavado de imaxe vermello é unha forma de propaganda na que discursos de esquerda son usados de maneira enganosa para promover a percepción de que unha organización, empresa ou persoa está comprometida coa igualdade social.[1][2][3][4]

Trátase dunha práctica común entre partidos políticos de dereita, de centro ou liberais durante actos públicos, en especial durante o período electoral. Nos seus discursos afirman favorecer a igualdade, por exemplo, apoiando a loita contra a pobreza ou defendendo as mesmas oportunidades para toda a cidadanía. Con todo, unha vez alcanzado o goberno promoven contrariamente unha maior desigualdade social.
En ocasións o termo redwashing utilízase tamén para denominar a práctica de desprestixiar unha determinada organización ou partido político que realmente defende a igualdade social. Nestes casos, búscase deslexitimar o argumentario destes colectivos ao presentalo como extremista ou obsoleto, buscando dar a impresión de que é unha ideoloxía de esquerdas perigosa para o conxunto social e en contraposición a outro ideario que se evidencia como máis razoable.[5]
Notas
editar- ↑ March, Luke (2012). Radical Left Parties in Europe (en inglés). Routledge. ISBN 978-0-415-42560-5.
- ↑ Lakatos, Zsófia (2013). Corporate Social Performance in Emerging Markets: Sustainable Leadership in an Interdependent World (en inglés). Routledge. ISBN 978-1-4094-3265-4.
- ↑ (en portugués) ‘Redwashing’: discursos de ‘esquerda’ para limpar os crimes do Estado de Israel. Desacato. 29 xaneiro 2017.
- ↑ (en portugués) A esquerda e direita do Brasil se unem no crime e na manipulação. Arquivado 05 de agosto de 2017 en Wayback Machine. Pensa Brasil. 20 febreiro 2017.
- ↑ (en inglés) Whitewashing Hillary—By “Redwashing” Progressive Critics. Counter Punch. 18 decembro 2015.