Pinkwashing
Pinkwashing (lavado rosa ou lavado de imaxe rosa) é un préstamo lingüístico (do inglés pink, rosa, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto dos dereitos LGTB, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á fomento de produtos, empresas ou institucións apelando á súa amabilidade cara aos gais.[1][2]
A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe do Estado de Israel que, promovendo á súa poboación LGTBI, disfraza a violación sistemática dos Dereitos Humanos da poboación palestina.[3][4] A través de proxectar a aparencia de ser un territorio simpatizante LGTB, a poboación LGTBI pode chegar a sentirse identificada coas posicións políticas do Estado (homonacionalismo), participar da islamofobia institucionalizada ao considerar que a poboación musulmá é necesariamente homófoba ou obviar a discriminación sufrida no seu propio país.[5][6]
O termo foi orixinalmente proposto pola Breast Cancer Action para identificar ás empresas que aseguraban apoiar ás mulleres con cancro de mama, mentres que en realidade pretendían obter maiores beneficios e mellorar a súa imaxe de marca ao incorporar á súa publicidade unha causa caritativa.[7][8]
Notas
editar- ↑ (en castelán) Pinkwashing en Venezuela. Público.es. 15 de abril de 2013.
- ↑ (en castelán) El pinkwashing de la homófoba Cifuentes. Público.es. 26 de agosto de 2015.
- ↑ (en inglés) Foreign Ministry promoting Gay Israel. The Jerusalem Post. 26 de outubro de 2006.
- ↑ (en inglés) Israel's gay propaganda war. The Guardian. 1 de xullo de 2010.
- ↑ (en inglés) Israel and ‘Pinkwashing’. The New York Times. 22 de novembro de 2011.
- ↑ “Pinkwashing” y el lavado de imagen de Israel. El Quinto Poder. 11 de xaneiro de 2014.
- ↑ (en inglés) Think before you Pink. Arquivado 05 de abril de 2016 en Wayback Machine. Breast Cancer Action.
- ↑ (en inglés) Pastel Injustice: The Corporate Use of Pinkwashing for Profit. Environmental Justice. 2011.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Diversidade sexual |