Redstone (mísil)

Un mísil Redstone engalando.

Redstone, tamén coñecido como Hermes C, PGM-11A e SSM-A-14, foi a denominación do primeiro mísil balístico estadounidense de gran tamaño propulsado con propelente líquido. Foi desenvolvido a partir do mísil alemán V2. Con modificacións foi usado máis tarde para lanzar o primeiro satélite artificial dos Estados Unidos e, coa denominación de Redstone MRLV, a lanzar ao primeiro estadounidense ao espazo.

HistoriaEditar

O Redstone foi desenvolvido por un equipo con Wernher von Braun á cabeza a principios dos anos 1950 debido ás necesidades do exército estadounidense de dispoñer de mísiles balísticos. O mísil resultante tiña unha alcance de ata 400 km e combinaba tecnoloxía xa probada cos mísiles V-2 con novas tecnoloxías como navegación inercial e oxivas separables. O motor foguete elixido para o mísil era un XLR43-NA-1 de Rocketdyne, á súa vez unha versión mellorada do motor do V-2.

O primeiro lanzamento de probas tivo lugar en agosto de 1953 e o primeiro mísil de produción foi lanzado en xullo de 1956. Os primeiros exemplares operativos foron despregados en Alemaña en xuño de 1958. Foron postos fora de servizo en 1964 e substituídos por mísiles Pershing, de propelente sólido. Os excedentes foron usados tanto como obxectivos en probas antimísiles como enviados a Australia, un dos cales puxo en órbita tamén o primeiro satélite dese país.

Os mísiles foron usados tamén para probar tecnoloxías a ser usadas polos posteriores mísiles Jupiter A e Jupiter C, tamén desenvolvidos por von Braun.

Un Jupiter C, descendente do Redstone, foi o foguete que conseguíu en poñer en órbita o primeiro satélite artificial dos Estados Unidos, o Explorer 1, o 1 de febreiro de 1958. Mísiles Redstone modificados foron usados para enviar ao espazo (pero non a órbita) aos dous primeiros astronautas estadounidenses, Alan Shepard e Virgil I. Grissom, nas misións Mercury-Redstone 3 e Mercury-Redstone 4 dentro do proxecto Mercury.

CaracterísticasEditar

Os mísiles Redstone estaban preparados para levar unha oxiva nuclear W-39 a unha distancia de 325 km cun CEP de 300 m. Unha das súas maiores desventaxas era toda a loxística necesaria para preparar un lanzamento: ata 20 vehículos pesados para transportalo á zona de lanzamento e oito horas para montalo, preparar o sistema de guiado e telo listo ata a orde de disparo, despois da cal necesitábanse 15 minutos adicionais para encher o mísil cos propelentes, osíxeno líquido e alcohol.

Algúns parámetros do mísil son:

NotasEditar

  • Wade, Mark (2017). "Redstone" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar