Juno I

Foguete espacial dos Estados Unidos.
(Redirección desde «Jupiter C»)


Juno I foi o nome dun foguete derivado do foguete suborbital Jupiter C, derivado á súa vez do mísil Redstone. A miúdo úsase indistintamente o nome de Juno I ou Jupiter C para designar o foguete. Tecnicamente, o Juno I era un Jupiter C cunha cuarta etapa. O Jupiter C usouse en lanzamentos suborbitais previos ó intento de poñer un satélite en órbita.[1][2]

Juno I
FunciónLanzador espacial de baixa capacidade.
país de orixeEstados Unidos[1]
Tamaño
altura21,2 m[1]
diámetro1,78 m[1]
masa29.060 kg[1]
Etapas4[1]
Carga LEO
masa11 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaJuno II
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCabo Cañaveral[1]
Total de lanzamentos9[1][2]
fallos3[1][2]
Voo inaugural20 de setembro de 1956[1][2]
Último voo23 de outubro de 1958[1][2]
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Juno I foi o primeiro foguete en conseguir poñer con éxito un satélite dos Estados Unidos en órbita, o Explorer 1, adiantándose ós intentos errados do programa Vanguard. Foi lanzado un total de nove veces, incluídos tres voos suborbitais. Dos lanzamentos orbitais, tivo éxito en tres.[1][2]

Historial de lanzamentos

editar
Voo[1][2] Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
1 20 de setembro de 1956 Cabo Cañaveral, plataforma 5 N/A Éxito Primeiro voo suborbital dun Juno I / Jupiter C.
2 15 de maio de 1957 Cabo Cañaveral, plataforma 6 N/A Éxito Segundo voo suborbital dun Juno I / Jupiter C.
3 8 de agosto de 1957 Cabo Cañaveral, plataforma 6 N/A Éxito Terceiro e último voo suborbital dun Juno I / Jupiter C.
4 1 de febreiro de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 26A Explorer 1 Éxito Primeiro lanzamento orbital exitoso dos Estados Unidos.
5 5 de marzo de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 26A Explorer 2 Fallo Fallo na ignición da cuarta etapa.
6 26 de marzo de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Explorer 3 Éxito
7 26 de xullo de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Explorer 4 Éxito
8 24 de agosto de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Explorer 5 Fallo A primeira etapa colisiounou coas etapas superiores no momento da separación, co que a segunda etapa encendeuse pero apuntando nunha dirección incorrecta.
9 23 de outubro de 1958 Cabo Cañaveral, plataforma 5 Beacon 1 Fallo Fallo estrutural do foguete aos 149 segundos. Último voo dun Juno I.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 Mark Wade (2011). "Jupiter C" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Juno-1" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar