Recinto Feiral de Pontevedra

recinto feiral en España

O Recinto Feiral de Pontevedra é un complexo para a celebración de eventos como exposicións, feiras e convencións. Atópase no Parque Rosalía de Castro, xunto á ribeira do río Lérez en Pontevedra.

Recinto Feiral de Pontevedra
Fachada do Recinto Feiral de Pontevedra
Edificio
TipoRecinto feiral
EstiloArquitectura moderna
EnderezoRúa Alexandre Bóveda s/n
LocalizaciónPontevedra
Coordenadas42°26′10″N 8°38′22″O / 42.436111111111, -8.6394444444444Coordenadas: 42°26′10″N 8°38′22″O / 42.436111111111, -8.6394444444444
PropietarioConcello de Pontevedra
Uso(s)Recinto feiral
Construción
Inicio1997
Construción1998
Remate1998
Dimensións
Superficie7 500 m2
Plantas2 (planta baixa, 1 andar)
Equipo
Arquitecto(s)Manuel de las Casas
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O recinto feiral foi construído en 1997, por iniciativa da Xunta de Galicia, cunha arquitectura moderna. É obra do arquitecto Manuel de las Casas, a quen se lle encargou o proxecto como anexo ao Auditorio e Pazo de Congresos de Pontevedra. Presentou o proxecto que mellor integraba os dous edificios, conseguindo unha harmonía entre todo o conxunto e os espazos da ribeira do Lérez.

O Recinto Feiral inaugurouse o 17 de decembro de 1998 e abriu ao público e entrou en funcionamento coa Feira do Automóbil Pomóvil inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia.[1][2]

O Recinto Feiral estivo xestionado desde 1998 ata 2020 polo organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións, no nome do Concello de Pontevedra.[3]

Descrición editar

O recinto feiral ten unha superficie de 7.500 m²[4] e está composto por un edificio de 163 metros de longo, 34,4 metros de ancho e 15,2 metros de alto.

O Recinto Feiral de Pontevedra conta cun aparcadoiro ao aire libre con capacidade para 230 vehículos. O edificio, de forma tetraédrica, está construído en aceiro con acabados de aluminio e cristal e ten unha superficie total de aproximadamente 6.000 m². Este edificio polivalente conta cunha zona de exposición totalmente cuberta, preparada para acoller todo tipo de feiras e exposicións, así como unha zona de acreditación para conferencias no vestíbulo. Ofrece un amplo abano de posibilidades de distribución para adaptarse e personalizar ao máximo os eventos.[5]

Este amplo complexo compleméntase co auditorio adxacente, cunha capacidade total de 1.118 prazas e unha superficie total de 10.000 m². O edificio do recinto feiral ten unha forma tetraédrica rematada cunha textura dura e fría de aceiro, paredes de aluminio e grandes ventás, que contrasta coas laxas de lousa verde do anexo, o Pazo de Congresos de Pontevedra,[6] ao que se accede directamente desde o interior. Isto permite unha grande versatilidade no uso conxunto de todas as súas estancias, de maneira que os servizos de restaurante, cafetería e terraza son de uso compartido.

As dimensións dos espazos do Recinto Feiral de Pontevedra son as seguintes:

  • Pavillón de acceso para exposicións e congresos: 350 m².
  • Superficie do edificio principal: 4,140 m².
  • Sala da primeira planta: 750 m².
  • Almacén do centro de exposicións: 368 m².
  • Aparcadoiro exterior: 1.800 m².

É unha harmoniosa combinación de espacialidade, versatilidade e luminosidade; un espazo polivalente, rodeado de dez mil metros cadrados de xardíns e zonas verdes.

Eventos editar

O recinto feiral acolle cada ano diversos eventos profesionais e públicos, como a feira Culturgal, a feira Etiqueta Negra (feira de produtos gourmet galegos),[7][8][9] a feira Pont Up Store,[10] a feira Stock ou a feira de vodas Sí, quero,[11] a feira do automóbil Móvete e a feira familiar e infantil Mundonenos[12] entre outros.[13]

Ademais, o Recinto Feiral de Pontevedra utilízase para unha ampla gama de actividades de lecer como a instalación dunha pista de xeo en Nadal[14] ou a celebración de concertos ao aire libre nas explanadas exteriores.[15]

No pasado, o recinto feiral acolleu importantes feiras como Ferpalia (feira de turismo de Galicia)[16] ou eventos como a feira de moda galega Pontus Veteris.[17]

Gallery editar

Notas editar

  1. "La necesidad de una infraestructura". Diario de Pontevedra (en castelán). 27 de novembro de 2022. 
  2. "El recinto ferial se integra en el conjunto del auditorio". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2018. 
  3. "Un nuevo servicio municipal coordinará la actividad del Pazo de Cultura y del Teatro Principal". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de outubro de 2020. 
  4. "El Ayuntamiento de Pontevedra se incorpora como nuevo socio de la Asociación Gallega de Ferias y Eventos". Nexotur (en castelán). 9 de setembro de 2014. 
  5. "El Ayuntamiento de Pontevedra se incorpora como nuevo socio de la Asociación Gallega de Ferias y Eventos". Nexotur (en castelán). 9 de setembro de 2014. 
  6. "El recinto ferial se integra en el conjunto del auditorio". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2018. 
  7. "Etiqueta Negra 2020. Gourmet Gallego e Innovación Inspiradora en Pontevedra". El Español (en castelán). 12 de novembro de 2020. [Ligazón morta]
  8. "Etiqueta Negra, la feria del gourmet gallego, convierte el Recinto Ferial en un centro delicatessen". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de novembro de 2019. 
  9. "Etiqueta Negra no defrauda con una alta asistencia de público al Recinto Feiral". Pontevedra Viva (en castelán). 13 de novembro de 2022. 
  10. "La feria Pont-Up Store programa 60 actividades y la presentación de 46 ideas de emprendedores". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 2019. 
  11. "El salón 'Si, quero' reúne en Pontevedra a más de 50 expositores especializados en bodas". Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. 
  12. "Más de 5.000 visitantes disfrutaron del tercer Salón das Familias Mundonen@s". Diario de Pontevedra (en castelán). 26 de febreiro de 2018. 
  13. "El Salón Móvete ofrece descuentos de hasta el 45% en la compra de coches nuevos". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de setembro de 2019. 
  14. "Patinaje sobre hielo en el recinto ferial". Pontevedra Viva (en castelán). 22 de decembro de 2017. 
  15. "Pablo Alborán, el "concierto del año" en Pontevedra para el que se han vendido ya 4.000 entradas". Pontevedra Viva (en castelán). 25 de xuño de 2015. 
  16. "Ferpalia espera superar los diez mil visitantes en la feria sobre turismo que arranca el próximo miércoles". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de outubro de 2005. 
  17. "La pasarela Pontus Veteris presentará hoy en Pontevedra las propuestas del diseño gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de setembro de 2010. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar