Receptor ligado a encima

Un receptor ligado a encima, tamén chamado receptor catalítico, é un receptor transmembrana, no cal a unión dun ligando extracelular causa unha actividade encimática no lado intracelular.[1] Trátase dunha proteína integral de membrana que posúe tanto funcións catalíticas encimáticas coma de receptor.[2]

Sempre teñen dous importantes dominios, un dominio de unión a ligandos extracelular e un dominio intracelular con función catalítica; e unha hélice transmembrana. A molécula sinalizadora únese ao receptor na parte externa da célula e causa un cambio conformacional que afecta á función catalítica do receptor localizada no lado interno da célula.

Exemplos de actividade encimática deste tipo de receptores son:

TiposEditar

Velaquí unha lista das cinco familias maiores de receptores catalíticos:

Familia Membro Xene Actividade catalítica Ligandos endóxenos Ligandos sintéticos
Erb[4] ErbB1 (receptor do factor de crecemento epidérmico) Tirosina quinase EC 2.7.10.1 factor de crecemento epidérmico, anfirregulina, betacelulina, epixen, epirregulina, HB-EGF, TGFa GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478
ErbB2 "
ErbB3 " NRG-1, NRG-2 GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478
ErbB4 " Betacelulina, epirregulina, HB-EGF, NRG-1, NRG-2, NRG-3, NRG-4 GW583340, gefitinib, erlotinib, tyrphostin AG879 e AG1478
GDNF (factor neurotrófico derivado de célula glial)[5] GFRa1 " GDNF > neurturina > artemina
GFRa2 " Neurturina > GDNF
GFRa3 " Artemina
GFRa4 " Persefina
NPR (receptor do péptido natriurético)[6] NPR1 Guanilil ciclase EC 4.6.1.2 Péptido natriurético atrial
NPR2 " Péptido natriurético de tipoC
NPR3 " Péptido natriurético atrial
NPR4 " Uroguanilina
Receptor da neurotrofina trk[7] TrkA Tirosina quinase EC 2.7.10.1 Factor de crecemento dos nervios > NT-3 GW441756, tyrphostin AG879
TrkB " Factor neurotrófico derivado do cerebro, NT-4/NT-5 > NT-3
TrkC " NT-3
p75 " NGF, BDNF, NT3, NT4/5
Receptor de tipo Toll[8] TLR1 "
TLR2 " Peptidoglicano
TLR3 " PoliIC, poliinosina-policitosina
TLR4 " LPS, lipopolisacárido derivado de bacterias gramnegativas
TLR5 " Flaxelina
TLR6 "
TLR7 " resiquimod, imiquimod
TLR8 "
TLR9 " CpG, ADN enriquecido en pares citosina:guanosina
TLR10 "

ReferencesEditar

  1. Ronald W. Dudek (1 November 2006). High-yield cell and molecular biology. Lippincott Williams & Wilkins. pp. 19–. ISBN 978-0-7817-6887-0. Consultado o 16 December 2010. 
  2. Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic Receptors". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1 (S1): S122–7. PMC 2013840. doi:10.1038/sj.bjp.0707205. 
  3. "lecture10". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2018. 
  4. Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: ErbB family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S146. doi:10.1038/sj.bjp.0706476. 
  5. Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: GDNF family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S147. doi:10.1038/sj.bjp.0706477. 
  6. Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: Natriuretic peptide family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S148. doi:10.1038/sj.bjp.0706478. 
  7. Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: Neurotrophin family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S149. doi:10.1038/sj.bjp.0706479. 
  8. Alexander SP, Mathie A, Peters JA (February 2007). "Catalytic receptors: Toll-like receptor family". Br. J. Pharmacol. 150 Suppl 1: S150. doi:10.1038/sj.bjp.0706480. 

Ligzóns externasEditar



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.