Real salvadoreño
- Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.
O real foi a unidade monetaria do Salvador ata 1877, cando foi substituído polo peso salvadoreño. Carecía de moeda divisionaria e era herdeiro do real español.
Historia
editarO real español de prata, tanto o cuñado na Península como o procedente das cecas coloniais en América, circulaba no Salvador conxuntamente co real da República Federal de Centroamérica logo de acadar a independencia de España en 1821.[1]
Entre 1828 e 1835 realizáronse emisións específicas para O Salvador e tamén, a partir de 1830, reestampáronse varias moedas estranxeiras para as habilitar para a súa circulación no país.[2]
A vixencia do real salvadoreño como moeda nacional chegou ao seu fin en 1877, cando se emitiron os primeiros billetes co seu valor facial expresado en pesos, cunha equivalencia de oito reais de prata por cada peso. Porén, as moedas en reais salvadoreños continuaron na circulación ata 1889, cando o peso se decimalizou (dividido en 100 centavos) e se cuñaron as primeiras moedas con ese valor, co que os reais en circulación foron retirados.
Moedas
editarEantre 1828 e 1835 emitíronse moedas de prata con valores de ½, 1, 2 e 4 reais, todas elas caracterizadas polo deseño dun volcán nos anversos e unha columna nos reversos, coroada con diversos adornos en función do valor. As lendas son coa lenda POR LA LIVERTAD DEL SALVADOR nunha das súas faces e MONEDA PROVISIONAL na outra.[3] Algunhas moedas dun real amosan no anverso unha lenda diferente: ESTADO DEL SALVADOR.[4]
Ademais contramarcáronse moedas de prata doutros países. A maioría delas tiñan tamén valores expresados en reais, ben de España ou ben doutros territorios hispanoamericanos, con valores de ½, 1, 2, 4 e 8 reais, aínda que tamén se contramarcaron moedas británicas de seis peniques e dun xilin.[5]
Predecesor: - Real español - Real da República Federal de Centroamérica |
- Real salvadoreño 1828 - 1877 |
Sucesor: Peso salvadoreño |
Notas
editar- ↑ Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte I: Un Poco de Historia". Billetes y Monedas de El Salvador.
- ↑ Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte II: El nacimiento del colón". Billetes y Monedas de El Salvador.
- ↑ Moedas: "1/2 real", "1 real", "2 reais", "4 reais". En Numista.
- ↑ "1 Real 1833". En Numista.
- ↑ Exemplos de moeda con contramarca: "2 reais", "4 reais". En Numista.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Jovel, J. R. (1999). Historia numismática de El Salvador en el siglo XIX. 3 volumes. San Salvador. ISBN 9789992376386
Ligazóns externas
editar- Catálogo de moedas do Salvador en CoinFacts Wiki
- Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed. ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501