Real da República Federal de Centroamérica

antiga moeda centroamericana
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.

O real foi a moeda de curso legal da República de Centroamérica e da República Federal de Centroamérica a partir de 1824. O seu múltiplo en ouro era o escudo, que equivalía a dezaseis reais de prata. A derradeira cuñaxe a nome da Federación produciuse en 1851.

8 reais da República Federal de Centroamérica de 1831.

Moedas editar

 
Moeda de ouro de 1834 con valor de 4 escudos, como múltiplo do real de prata.

O real da República Federal de Centroamérica substituíu á par o real colonial español que circulaba ata entón e que seguiu circulando simultaneamente durante anos. As primeiras moedas da Federación foron cuñadas en 1824; un Decreto do 19 de abril dese ano autorizaba unicamente a Casa da Moeda de Guatemala para a produción do circulante que se utilizaría na Federación.[1] Esa primeira serie guatemalteca compúñase de moedas de prata de 1/4, 1/2, 1 e 8 reais, e de ouro de 1/2, 1, 2, 4 e 8 escudos.[2]

Posteriormente cuñaron tamén as cecas de Honduras (1/2, 1 e 2 reais) e Costa Rica (1/4, 1/2, 1 e 2 reais, e 1/2, 1, 2, 4 e 8 escudos), ata as derradeira cuñaxes de 1851 a nome da Federación.[3][4]

Ao constituírense as Provincias Unidas do Centro de América foi expandindo o seu uso nos Estados constitutivos da República de Centroamérica, ata que foi substituíndose progresivamente polos respectivos reais de cada república independente: o real costarriqueño,[5] o real salvadoreño,[6] o peso guatemalteco[7], o peso nicaraguano[8] e o real hondureño[9].

Notas editar

  1. "Época independiente y Federación Centroamericana". Museo Numismático de Guatemala.
  2. Cuñaxes de Guatemala desde 1824: "1/4 real", "1/2 real", "1 real", "8 reais", "1/2 escudo", "1 escudo", "2 escudos", "4 escudos" e "8 escudos". En Numista.
  3. Moedas cuñadas en Costa Rica: "1/4 real", "1/2 real", "1 real", "2 reais", "8 reais", "1/2 escudo", "1 escudo", "2 escudos", "4 escudos" e "8 escudos". En Numista.
  4. Moedas cuñadas en Honduras: "1/2 real", "1 real" e "2 reais". En Numista.
  5. Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.
  6. Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte I: Un Poco de Historia". Billetes y Monedas de El Salvador.
  7. "The History of Guatemalan currency Arquivado 08 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Banco de Guatemala.
  8. "Reseña Histórica de la Moneda Nacional Arquivado 09 de novembro de 2019 en Wayback Machine.". Banco Central de Nicaragua.
  9. "Lempira, peso y real, historias interesantes de nuestra moneda Arquivado 07 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". En Honduras is Great.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar