Real costarriqueño
- Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.
O real foi a moeda de Costa Rica vixente ata 1850, aínda que continuou en circulación ata 1864. Carecía de moeda divisionaria, aínda que si que tiña o escudo como múltiplo para as cuñaxes de ouro; do mesmo xeito que o real español, do que era herdeiro, 16 reais de prata equivalían a un escudo de ouro. O real foi substituído polo peso cunha equivalencia dun peso por oito reais.[1]
Historia
editarInicialmente, o real español, tanto o cuñado na Península como o procedente das cecas coloniais, era a moeda que circulaba en territorio costarriqueño. En 1824 introduciuse como unidade monetaria o real da República Federal de Centroamérica. Xa convertida en república independente, Costa Rica deu a coñecer en 1842 as súas primeiras moedas de medio real e dun escudo, ás que se sumaron en 1847 as moedas dun real.[1][2]
En 1850, cuñáronse as derradeiras moedas de Costa Rica en reais, ao aparecer, na súa substitución, o peso costarriqueño. As moedas de ouro expresadas en escudos, o múltiplo do real, mantivéronse aínda ata 1864.[1][2]
Predecesor: - Real español - Real da República Federal de Centroamérica |
Real costarriqueño 1842 - 1850 |
Sucesor: Peso costarriqueño |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.
- ↑ 2,0 2,1 Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801–1991 (18th ed. ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501