Peso costarriqueño

antiga moeda de Costa Rica
Para outras moedas coa denominación de "peso", véxase a páxina de homónimos Peso.
Peso costarriqueño †
Costa-Rica 20 Pesos banknote of 1899.jpgCosta Rica 1889 10 Pesos.jpg
Billete de 20 pesos de 1899 do Banco de Costa Rica

Selo con valor de 10 pesos costarriqueños

Código:CRP
Ámbito:Flag of Costa Rica.svg Costa Rica
Símbolo:$
Fracción:- 8 reais (ata 1864)
- 100 centavos (de 1864 a 1896).
Moedas:- 5, 10, 25, 50 centavos.
- 1/16, 1/8, 1/4, 1, 2, 5, 10 pesos.
Billetes:- 10, 20, 50 centavos.
1, 2, 5, 10, 20, 25, 50 e 100 pesos.
Emisor:Bancos privados e Banco Central de Costa Rica.
Taxa de troco:
8 reais = 1 peso = 100 centavos.


O peso foi a moeda de Costa Rica entre 1850 e 1896. Inicialmente subdividíase en oito reais de prata, a moeda que substituíu e coa coexistiu ata 1864, cando Costa Rica decimalizou o seu sistema monetario e o peso pasou a dividirse en 100 centavos. O peso costarriqueño foi substituído polo colón, con idéntico valor, en 1896.

EmisiónsEditar

MoedasEditar

 
20 pesos costarriqueños de 1873

En 1850 emitíronse moedas de prata con valores faciais de 1/16, 1/4 e 1/2 peso, e en 1864 cuñáronse os valores de 25 centavos e un peso. O ano seguinte, 1865, emitíronse as moedas de cuproníquel dun cuarto de centavo e dun centavo, e as de prata de 5, 10 e 50 centavos. En 1870 completouse a serie de valores coas moedas de ouro de 2, 5 e 10 pesos.

Ademais, en 1889 contramarcáronse moedas colombianas de 50 centavos para circularen en Costa Rica como pezas de 50 centavos do peso costarriqueño.

BilletesEditar

Algúns bancos privados tiveron autorización para a emisión de papel moeda en pesos entre 1858 e 1896. O primeiro en facelo foi o Banco Nacional de Costa Rica, inicialmente con billetes de 2 pesos e progresivamente ata completar a serie de valores de 10, 20, 25, 50 e 100 pesos.

O Banco de Costa Rica emitiu notas promisorias en pesos entre 1895 e 1899, con valores de 1, 2, 5, 10, 20 e 100 pesos.

Tamén o Banco de la Unión emitiu billetes de 1, 2, 5, 10, 25, 50 e 100 pesos entre 1877 e 1889. Do mesmo xeito, Ferro Carril de Costa Rica emitiu billetes en 1872 con valores de 10, 25 e 50 centavos, e de 1, 2 e 5 pesos.

En 1865 tivo lugar unha emisión gobernamental de papel moeda, con valores de 1, 5, 10, 25 e 50 pesos, serie que se completou en 1871 co billete de 2 pesos.


Predecesor:
Real costarriqueño
 
Peso costarriqueño

1850 - 1896
Sucesor:
Colón costarriqueño

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Chacón Hidalgo, M. B. (2000). La Moneda en Costa Rica: 1502-2000. San José. Fundación Museos Banco Central de Costa Rica. ISBN 9968-9795-8-9
  • Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501
  • Pick, A. (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. (7th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
  • Pick, A. (1990). Standard Catalog of World Paper Money: Specialized Issues. (6th ed.). Krause Publications. ISBN 0-87341-149-8
  • Stickney, B. (2017). A Monetary History of Central America. Numismatic Studies 35. American Numismatic Society. Nova York. ISBN 978-0-89722-350-8