Real Club Náutico de El Puerto de Santa María

O Real Club Náutico de El Puerto de Santa María é un club náutico cuxas orixes se remontan aos comezos do século XX.

Bandeira da Provincia marítima de Cádiz á que pertence.

As instalacións orixinarias foron visitadas polo rei Afonso XIII, polo que o Club adquiriu certo prestixio. Un fortuíto incendio destruíu ditas instalacións, sendo en 1948 cando se reinician as actividades, cunha regata de snipes o 16 de xullo dese mesmo ano.

Desde El Puerto de Santa María o Club organiza diversos actos deportivos durante todo o ano, sobresaíndo os do mes de agosto, como a Semana Náutica nas augas da Baía de Cádiz, que en 2007 celebra a edición nº 36, ou a Regata Juan de la Cosa (XIII edición en 2007).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar