Raymond Leo Burke

Raymond Leo Burke, nado o 30 de xuño de 1948 en Richland Center (Wisconsin), é un cardeal da Igrexa Católica, Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta dende 2014.

Raymond Leo Burke
Archbishop Raymond Leo Burke.jpg
Cardeal da Igrexa Católica
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1948 en Richland Center, Wisconsin
Ordes
Ordenación sacerdotal29 de xuño de 1975, por Paulo VI
Consagración episcopal6 de xaneiro de 1995, por Xoán Paulo II
Creado cardeal20 de novembro de 2010, por Bieito XVI
Cardeal-Patrón da Soberana Orde de Malta
Cardeal-Diácono de Sant’Agata de’ Goti
2014 - actualidade
PredecesorPaolo Sardi
Cargos anterioresPrefecto da Sinatura Apostólica (2008-2014)
Outros
Coat of arms of Raymond Leo Burke.svg
Escudo de Raymond Leo Burke
Ficha en catholic-hierarchy.org

TraxectoriaEditar

Raymond Leo Burke naceu o 30 de xuño de 1948 en Richland Center, unha cidade do condado de Richland, en Wisconsin. Estudou Filosofía na Universidade Católica de América, graduándose en 1971. Posteriormente estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, graduándose en 1975.

O 29 de xuño de 1975 foi ordenado sacerdote da diocese de La Crosse polo papa Paulo VI. Continuou os seus estudos na Gregoriana, onde se graduou en Dereito canónico en 1982 e doutorouse en 1984.

O 10 de decembro de 1994 foi nomeado bispo de La Crosse, recibindo a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 1995 de mans do papa Xoán Paulo II, e sendo os co-consagrantes Giovanni Battista Re e Jorge María Mejía.

O 2 de decembro de 2003 foi nomeado arcebispo metropolitano de St. Louis.

O 27 de xuño de 2008 o papa Bieito XVI nomeouno prefecto do Supremo Tribunal da Sinatura Apostólica. O mesmo papa, no consistorio do 20 de novembro de 2010 creouno cardeal, co título de Cardeal-Diácono de Sant’Agata de’ Goti.

O 8 de novembro de 2014 o papa Francisco nomeouno Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta.

ObraEditar

  • Universidad Católica de América, ed. (1971). R. M. Hare and the Problem of Moral Choice. 
  • Pontificia Universidade Gregoriana, ed. (1986). Lack of discretion of judgment because of schizophrenia: doctrine and recent Rotal jurisprudence. Roma. 
  • Eternal Life, ed. (2003). Commentary on the General Directory for Catechesis. 
  • Fede & Cultura, ed. (2011). Religioni ad Assisi 1986-2011. Nessuna rinuncia alla Verità. 
  • Ignatius Press, ed. (2012). Divine Love Made Flesh: The Holy Eucharist as the Sacrament of Charity. 
  • Fede & Cultura, ed. (2014). Esercizi spirituali ai sacerdoti. Sodalizio amicizia sacerdotale summorum pontificum (Roma, 3-9 febbraio 2013). 

Obras colectivasEditar

Premios e distinciónsEditar

Foi distinguido como Comendador con Placa da Orde Ecuestre do Santo Sepulcro o 12 de marzo de 1997. Foi tamén nomeado doutor honoris causa pola Universidade Ave Maria en 2005 e polo Christendom College en 2007.

O 4 de outubro de 2000 recibiu o premio Role of Law Adward da Canon Law Society of America.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
John Joseph Paul
 Bispo de La Crosse 
1994 - 2003
Sucesor:
Jerome Edward Listecki
Predecesor:
Justin Francis Rigali
 Arcebispo metropolitano de St. Louis 
2003 - 2008
Sucesor:
Robert James Carlson
Predecesor:
Agostino Vallini
 Prefecto da Sinatura Apostólica 
2008 - 2014
Sucesor:
Dominique Mamberti
Predecesor:
Paolo Sardi
 Cardeal-Patrón da Soberana Orde Militar de Malta 
2008 - 2014
Sucesor:
(no cargo)