Raquel Castro Martínez

escritora e profesora galega

Raquel Castro Martínez, nada en Alxén (Salvaterra de Miño) en 1971, é unha profesora e escritora galega de literatura infantil e xuvenil.[1]

Infotaula de personaRaquel Castro Martínez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Alxén, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , mestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: RaqueldeAlxen LinkedIn: raquel-castro-martínez-a3100aa8 AELG: 538 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, é profesora de Lingua Galega e Literatura en educación secundaria.[2] En 1999 fundou a Asociación Teatral de Alxén[3] da que é presidenta e comezou a dirixir o grupo de teatro Ata Sempre de Alxén de dita asociación. Escribe as pezas dos dous grupos que pertencen á asociación, infantil e adultos. Tamén escribiu pezas para o grupo de teatro do CEP Carlos Casares de Alxén. Foi secretaria da Asociación Cultural e Folclórica Os do Eido de Alxén e da Escola de Xadrez de Salvaterra de Miño.[4]

No IES Ribeira do Louro, onde traballa, coordina o Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro que se convoca en colaboración coa Editorial Galaxia e o Concello do Porriño. Neste mesmo centro dirixe un grupo de teatro de alumnos e alumnas da ESO.

Obras editar

Narrativa editar

Teatro editar

  • Entre fadas e lobos andamos todos (dúas pezas para que representen nenos/as) (2013). Meubook.
  • Nunca nevou que non escampase (2012). Meubook. 88 páxs. ISBN 9788494193378.
  • A meiga e o emperador (2015). Silleda: Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-944750-3-0. Ilustracións de Alfredo Pérez.
  • A vendedora de palabras (2015). Silleda: Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-944750-4-7. Ilustracións de Xeila Farrapeira.
  • As terapias da doutora Ledicia (2016). Vigo: Galaxia. Ilustracións de Almudena Aparicio. 68 páxs. ISBN 978-84-9865-671-8.
  • A Carapuchiña pasa da carapucha vermella (2017). Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-17094-04-1. Ilustracións de Iria Vaqueiro.
  • A princesa e o labrego (2017). Silleda: Fervenza. 24 páxs. ISBN 978-84-17094-05-8. Ilustracións de Iria Vaqueiro.
  • A formiga fóra do carreiro (2018). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 128 páxs. ISBN 978-84-9151-198-4.
  • Dormente (2021). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 176 páxs. ISBN 978-84-9151-584-5. Ilustracións de Laura Veleiro.[6]
  • Planeta Bugallo (2022).[7] Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 116 páxs. ISBN 978-84-9151-899-0. Ilustracións de Blanca Millán.

Obra colectiva editar

  • O teleclú (2017). Fervenza. Catro monólogos teatrais.
  • DramaturGA 20, 11 textos breves (2020). Ed. Invasoras
  • O libro da música (2021). Galaxia.
  • Cartoturxia incompleta da represión (2022). Ed. Invasoras.
  • O libro da rosa (2022). Galaxia.

Recoñecementos editar

  • 1997: Premio de relato curto Francisco Fernández del Riego co relato "Pensamentos"
  • 2014: Premio de Honra no premio Estornela de Teatro por As terapias da doutora Ledicia.
  • 2014: Premio Igualando a lingua de relato curto do Concello de Cee co relato Un café só
  • 2017: As terapias da doutora Ledicia, finalista como Mellor obra de teatro en galego do 2016 na Gala do libro galego.
  • 2018: A formiga fóra do carreiro, 2º Mellor libro de teatro en galego, en Fervenzas Literarias.[8]
  • 2019: A formiga fóra do carreiro, finalista na Gala do libro galego 2019 na categoría de Teatro.
  • 2021: A formiga fóra do carreiro, lista OEPLI 2019.
  • 2021: Dormente, lista OEPLI 2021.
  • 2022: Planeta Bugallo, lista OEPLI 2022.
  • 2022: Xa están aquí!, Texto gañador do VI Torneo de Dramaturxia da MITCF de Cangas.[9]
  • 2022: Sobremesas sobre versos, Premio Simbad de Literatura infantil para o Recordo e o Alzheimer.

Notas editar

  1. "Ponencia Teatro Universidade" (PDF). aelg. 
  2. "Raquel Castro". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2020. Consultado o 2021-04-03. 
  3. "Raquel Castro presenta «Dormente»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-03. Consultado o 2021-04-03. 
  4. "Raquel Castro". www.aelg.gal. Consultado o 2021-04-03. 
  5. Recensión de Bestiario Doméstico en Galix.
  6. Araújo García, Nuria (outubro, novembro, decembro, 2021). "Farta de tanto príncipe encantado". Grial LIX (232): 94–95. ISSN 0017-4181. 
  7. Regueira, Mario (2022-08-12). "A lingua universal". Nós Diario. Consultado o 2022-08-13. 
  8. "A formiga fóra do carreiro". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-04-03. 
  9. Castilla, Clara. "Raquel Castro gaña o VI Torneo de Dramaturxia co texto 'Xa están aquí!'". MITCFC. Consultado o 2022-08-13.