Raphael Maklouf

escultor e deseñador de moeda británico

Raphael David Maklouf, nado en Xerusalén o 10 de decembro de 1937, é un escultor británico de orixe palestina, coñecido por ser o autor dunha efixie de Isabel II utilizada en numerosas moedas británicas e doutros territorios da Comonwealth entre 1985 e 1997.

Infotaula de personaRaphael Maklouf
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1937 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónCamberwell College of Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Raphael Maklouf naceu en Xerusalén, no seo dunha familia xudía do Mandato Británico de Palestina que emigrou ao Reino Unido despois da segunda guerra mundial. Raphael Maklouf asistiu á Escola de Arte de Camberwell, en Londres, desde 1953 ata 1958, onde tivo como profesores a Karel Vogel, Richard Eurich e Gilbert Spencer, e despois converteuse en profesor de Escultura durante dez anos, entre 1958 e 1968.[1][2][3]  

 
Unha das estacións do Viacrucis da Catedral de Brentwood, creado por Maklouf.

Como escultor, é coñecido polo seu conxunto escultórico que representa as quince estacións do Viacrucis na catedral de Brentwood. Tamén creou esculturas de retrato de personaxes como a raíña Isabel II,[4] o príncipe Filipe de Edimburgo,[5] a política Margaret Thatcher, a actriz Joan Collins ou o futbolista Bobby Moore.[3]

 
A efixie de Isabel II creada por Maklouf, nesta ocasión nunha moeda da Illa de man.

Por outra parte, nun certame no que 17 artistas presentaron 38 modelos, o 8 de agosto de 1984 foron seleccionados dous dos deseños propostos por Maklouf para a moeda británica, un para as pezas de circulación ordinaria e outro para as emisións conmemorativas. O seu deseño do busto diademado da raíña Isabel II —coñecido como o "terceiro retrato" da raíña— utilizouse nas moedas non só británicas, senón doutros territorios da Commonwealth desde 1985 ata 1997.[1][6][7] As súas iniciais, RDM, están gravadas a modo de marca de gravador na base do pescozo da raíña.[2]

En 1976, Maklouf fundou a compañía The Tower Mint Ltd., unha ceca privada sita en Londres que produce medallas, moedas para coleccionistas e artigos similares. O 1 de abril de 2017, Tower Mint converteuse na compañía cuñadora oficial das moedas da Illa de Man.[8] Tamén cuña moedas para Xibraltar e outros territorios.[1]

En 1977 ingresou na Royal Society for the Encouragement of Arts, Manufactures and Commerce. En 1979, Maklouf foi nomeado membro asociado da Real Sociedade de Escultores Británicos.[1] Tamén é membro da Royal Society of Arts.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Chard, L. (2019). "Raphael Maklouf British Coin Engraver". Chards (Chards.co.uk). 1 de marzo.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Raphael Maklouf". Grangeparkopera (Grange Park Opera.co.uk).
  3. 3,0 3,1 "Raphael Maklouf (b.1937)". Artuk.org
  4. "Elizabeth II (1926–2022). Raphael Maklouf (b. 1937)". Art.uk
  5. "Prince Philip (1921–2021), Duke of Edinburgh. Raphael Maklouf (b. 1937)". Art.uk
  6. "Maklouf". Numista.com
  7. "Raphael Maklouf". The British Museum.
  8. Alexander, M. (2017). "Isle of Man and the Tower Mint: First-strike ceremony for a new coin and a new relationship Arquivado 06 de novembro de 2023 en Wayback Machine.". Coin Update (Coinupdate.com). 13 de marzo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pery, J. (2018). Raphael Maklouf: Life, Art & The Making of the Mint. Halstar. ISBN 978-1906690656

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Arnold Machin
 
Moedas da libra esterlina
Autores dos anversos

1985-1997
Sucesor:
Ian Rank-Broadley