Ramiro Losada Rodríguez

militar e político galego

Ramiro Losada Rodríguez, nado en Rubiá cara a 1910, foi un militar e político galego.

Infotaula de personaRamiro Losada Rodríguez
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata (113/114 anos)
Rubiá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi presidente da Federación Campesina do Barco de Valdeorras. Militante do Partido Comunista de España e afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte e organizou un grupo guerrilleiro. Conseguiu embarcar cara á zona republicana en 1938, chegando a Barcelona pouco antes da entrada dos sublevados, foi sarxento e comisario. Coa derrota da República pasou a Francia e instalouse en Perpiñán. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México arribando a Veracruz o 13 de xuño. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[1] En México dedicouse á construción.[2]

Vida persoal editar

Casou en Ourense con Áurea González Gómez, e foi pai de Enrique Losada González (31 de outubro de 1934 - 10 de decembro de 2007) e Tomás Losada González, nado en 1936.

No exilio, en Ciudad Mante, Tamaulipas, coñeceu a súa segunda muller, Aurora Domínguez Rodríguez. Deste matrimonio naceron catro fillos máis, Leonardo Ramiro (31 de agosto de 1952), Aurora (9 de xullo de 1956), Josefina (19 de agosto de 1958) e Luz María (10 de xuño de 1964 - 9 de decembro de 2021).

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar