Ramón Varela Díaz
biólogo, ecoloxista e escritor galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ramón Varela.
Ramón Varela Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) en 1952, é un biólogo e ecoloxista galego.
Ramón Varela Díaz | |
---|---|
Nacemento | 1952 |
O Saviñao | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | biólogo, ecoloxista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Ramón Varela é catedrático en Bioloxía e Xeoloxía e doutor en Bioloxía; a súa tese doutoral tratou sobre "a contaminación atmosférica en Galiza" e non foi aceptada na Universidade de Santiago, mais aceptouna a Universidade Autónoma de Madrid -que está considerada como a máis prestixiosa en estudos ambientais a nivel estatal- coa máxima cualificación. Foi presidente da asociación ecoloxista ADEGA.
ObrasEditar
EnsaioEditar
- A contaminación das centrais nucleares: Xove, 1981, Xistral.
- Os residuos radioactivos: ameaza no presente e para o futuro, 1983, Xistral.
- Eucaliptos, celulosas e forestal galego, 1990, ADEGA.
- O ABC da choiva ácida, 1997, Baía Edicións.
- Contaminación e saúde, 1997, Laiovento.
- Contaminación atmosférica en Galiza. Inventario de emisións de gases de efecto invernadoiro, gases acidificantes e dioxinas (ano 2000), 2004, Baía Edicións.
Obras colectivasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ramón Varela: “A ordenación do país debería facerse nesta lexislatura”, entrevista a Ramón Varela en El Correo Gallego, 3 de xaneiro de 2008.
- Informe de Ramón Varela sobre a contaminación en Galiza - 2008