Ramón Seoane Suárez
Ramón Seoane Suárez, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) cara a 1916 e finado na Coruña o 20 de agosto de 1976, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1916 Vilaboa, España |
Morte | 20 de agosto de 1976 (59/60 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Traxectoria
editarAlbanel domiciliado na Corveira, formaba parte do Comité Provincial da Coruña do Partido Comunista de España con Alejandro Gama Casalderrey e Rogelio González Suárez, no que era secretario sindical. Tamén estaba integrando no Radio que funcionaba en Vilaboa con Antonio Naya Regueira, Arcadio Carro Gestal, Darío Caramés Bermúdez e José e Francisco Andrés Pol Loriga. Foi detido pola Garda Civil a principios de 1947, ocupáronlle propaganda, selos de cotización do partido, e varias panfletos coa letra dunha canción guerrilleira que comezaba:
Ay, qué orgullo tengo de ser camarada,
de ser camarada de los guerrilleros,
que están en el monte y entregan su vida
para liberarnos de esta tiranía.
Vivan los guerrilleros.[1]
Foi xulgado en consello de guerra na Coruña o 30 de xullo de 1947, xunto con outras 55 persoas, todas acusadas de pertencer ao PCE e de colaborar coa guerrilla. Aínda que o fiscal pediu pena de morte, foi finalmente condenado a cadea perpetua.[2] Finou na Coruña o 20 de agosto de 1976.[3]
Vida persoal
editarFoi pai de María del Carmen, Ramón, Elena, Carlos e Genoveva Seoane Fernández.
Notas
editar- ↑ Xesús Alonso Montero (2 de outubro de 2002). "Jorge Negrete coa guerrilla galega". La Voz de Galicia.
- ↑ "Consejo de guerra sumarísimo contra cincuenta y seis paisanos", La Voz de Galicia, 31-7-1947, p. 4
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-8-1976, p. 36.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Lamela García, Luis (2003). "Aspectos desconocidos de la guerrilla del Llano" (PDF). Anuario Brigantino (26): 281–294. Consultado o 1 de maio de 2017.