Ramón Saleta Neira
Ramón Saleta Neira, nado en Donostia en 1952, é un político galego do PSdeG-PSOE
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Donostia, España |
Alcalde de Ponteceso | |
setembro de 1989 – outubro de 1992 (dimisión) ← José Luis Suárez Cotelo – Fernando Castro Villar → | |
Actividade | |
Ocupación | político, sindicalista |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Traxectoria
editarNado na emigración cunha familia con raíces en Corme, regresaron á súa vila natal sendo moi neno. Licenciado en Xeografía e Historia, foi secretario da asociación de veciños de Corme. Nas eleccións municipais de 1983 foi elixido concelleiro en Ponteceso como número 2 do PSdeG-PSOE, logrando maioría absoluta e sendo nomeado primeiro tenente de alcalde. Nas municipais de 1987 volveu a concorrer como número 2 socialista revalidando o partido a maioría absoluta, polo que continuou como primeiro tenente de alcalde. Trala dimisión de José Luis Suárez Cotelo en setembro de 1989 para ser deputado autonómico foi elixido novo alcalde de Ponteceso[1]. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas municipais de 1991 e conseguiu volver a ser elixido alcalde, pero perdeu a maioría absoluta e pasou a gobernar en minoría. En outubro de 1992 presentou a súa dimisión ante e situación de inestabilidade que vivía o concello e foi substituído polo número 3 socialista Fernando Castro Villar.
En xullo de 1993 foi nomeado responsable de organización e administración de Unións Agrarias en Carballo. Debido ó seu matrimonio pasou a residir en Malpica de Bergantiños en 1994[2], onde foi secretario xeral da agrupación local socialista ata decembro de 1999[3], formando parte da candidatura socialista como número 3 nas municipais de xuño dese mesmo ano. Se ben non foi elixido concelleiro, o seu candidato José Ramón Varela Rey logrou a alcaldía grazas a un pacto co BNG e os independentes de AEMU. En febreiro de 2018 volveu ser secretario xeral do PSdeG en Malpica, recuperando o partido a alcaldía nas municipais de 2019 na persoa de Walter Pardo Añón. Porén, presentou a súa renuncia como secretario xeral en xullo de 2019[4].
Predecesor: José Luis Suárez Cotelo |
Alcalde de Ponteceso 1989 - 1992 |
Sucesor: Fernando Castro Villar |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, Carballo, 28-9-1989, p.41.
- ↑ La Voz de Galicia, Carballo, 16-5-1999, p.41.
- ↑ La Voz de Galicia, Carballo, 9-12-1999, p.50.
- ↑ Dimite la cúpula del PSOE de Malpica tras la renuncia de Ramón Saleta