Ramón Quintela Pérez
político galego
Ramón Quintela Pérez, finado en Lavadores o 11 de setembro de 1946,[1] foi un agrarista e político galego.
Ramón Quintela Pérez | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Lavadores |
Falecemento | 11 de setembro de 1946 |
Lugar de falecemento | Lavadores |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Ángel Quintela Pérez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Irmán de Ángel Quintela Pérez. Mecánico. Traballou na fábrica de conservas de Antonio Alonso. Foi un dos fundadores da Sociedade de Agricultores de Lavadores. Estivo detido en Ribadavia en 1902 e volveu ser detido con motivo da folga xeral de 1917 acusado de rebelión.[2] Foi concelleiro de Lavadores entre 1916 e 1936. Coa proclamación da República foi nomeado presidente da Comisión xestora provisional.
Predecesor: Ángel Quintela Pérez |
Alcalde de Lavadores 1931 |
Sucesor: José Antela Conde |
Notas Editar
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 12-9-1946, p. 5.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-11-1931, p. 6.