Ángel Quintela Pérez
político galego
Ángel Quintela Pérez, nado en Lavadores, foi un agrarista e político galego.
Ángel Quintela Pérez | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | Lavadores |
Falecemento | século XX |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Irmáns | Ramón Quintela Pérez |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Irmán de Ramón Quintela Pérez. Era toneleiro, traballou na Vinícola Gallega e na illa de Toralla facendo toneis para as conservas de peixe. Propietario agrario, vendía os produtos agrícolas nos mercados de Vigo. Foi concelleiro de Lavadores dende 1909. Foi alcalde de Lavadores en 1916, durante o seu mandato inaugurouse o mercado do Calvario, o cemiterio de Puxeiros e unha traída de augas. Volveu ser elixido alcalde ao rematar a ditadura de Primo de Rivera en abril de 1930.[1]
Predecesor: Serafin Seijo Iglesias |
Alcalde de Lavadores 1916 - 1917 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Lavadores 1930 - 1931 |
Sucesor: Ramón Quintela Pérez |
Vida persoal Editar
Casou con Filomena Alonso.
Notas Editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-4-1930, p. 8.