Ramón Pardiñas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Ramón Pardiñas Villardefrancos y Taboada, nado en Santiago de Compostela o 27 de maio de 1802 e finado en Maella o 1 de outubro de 1838, foi un destacado militar e político galego, falecido en combate na primeira guerra carlista.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1802 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1 de outubro de 1838 (36 anos) Maella, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Período de actividade | 1816 - |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Lealdade | España |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | Xeneral |
Traxectoria
editarFillo de José Rafael Pardiñas Villardefrancos y Varela, tamén militar, e de Ana María Taboada y Moscoso, Pardiñas ingresou no exército español en 1816, como subtenente no Rexemento Provincial de Santiago de Compostela. Falecido Fernando VII, combateu na primeira guerra carlista, tomando partido polo bando cristino. Foi elixido deputado a Cortes en 1834 e en 1837. Ese mesmo ano alcanzaría o rango de brigadier, e ao ano seguinte o de Mestre de Campo. Faleceu na Batalla de Maella, na que foi derrotado por Ramón Cabrera.