Abrir o menú principal

Ramón Noceda

político español
(Redirixido desde "Ramón Noceda Caamaño")

Ramón Noceda Caamaño, nado en Lariño (Carnota) en 1954, é un político galego do BNG.

Ramón Noceda
Ramón Noceda Caamaño.jpg
Datos persoais
Nacemento1954
 Carnota, Galiza Galiza
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
ProfesiónPolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Carnota e foi elixido alcalde, gobernando en minoría con apoios puntuais de distintos partidos. Nas municipais de 1987 volveu ser elixido alcalde, esta vez con maioría absoluta. O 21 de febreiro de 1989, cinco concelleiros do seu partido, o BNG, e dous de Converxencia Nacionalista Galega presentaron unha moción de censura que o apartou da alcaldía, sendo substituído por Manuel Brea Beiro.

Presentouse ás municipais de 1991 encabezando a lista da Frente Popular Galega. Posteriormente solicitou a súa reincorporación ao BNG. Nas municipais de 2003 foi de número seis na lista do BNG encabezada por Xosé Manuel García. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a lista do BNG sendo proclamado alcalde nun goberno nacionalista en minoría.

Nas eleccións municipais de 2019 non acadou a alcaldía que foi para Juan Manuel Saborido Rama do PSdeG.[1]


Predecesor:
Fernando Pérez Formoso
  
Alcalde de Carnota
 
1983 - 1989
Sucesor:
Manuel Santiago Brea Beiro
Predecesor:
José Domingo Cipriano Oreiro
  
Alcalde de Carnota
 
2011 - 2019
Sucesor:
Juan Manuel Saborido Rama

NotasEditar

Véxase taménEditar