Ramón López-Suevos

economista galego

Ramón López-Suevos Fernández, nado en Ferrol en 1943, é un economista galego.

Infotaula de personaRamón López-Suevos
Biografía
Nacemento1943 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeManuela Fraguela

Dialnet: 1952392

Traxectoria editar

Fillo do coronel Andrés López-Suevos Alonso, sobriño do falanxista, director de TVE e presidente nos anos 50 do Atlético de Madrid Jesús Suevos Férnandez-Jove. Licenciado en Ciencias Económicas en Madrid, doutorándose pola Universidade de Santiago de Compostela, completando estudos en Francia como bolseiro (Universidade da Sorbona, París). Trasladouse a Santiago de Compostela en 1970, e incorporouse como profesor á Facultade de Económicas en 1971. Tras varios anos acadou a Cátedra na Universidade de Santiago de Compostela. É autor de diversos libros sobre sociopolítica e economía.

Foi un dos fundadores do BNG. Militou na UPG, incorporándose ao Comité central da organización en xullo de 1976. Participou na redacción das Bases constitucionais en 1977.

Vida persoal editar

Estivo casado con Manuela Fraguela e é pai da xuíz Ana López-Suevos Fraguela.

Obras editar

Ensaio editar

  • Cara unha visión crítica da economía galega, 1975.
  • Escedente económico e análise estructural, 1977, Galaxia.
  • Do capitalismo colonial, 1979, Edicións do Cerne.
  • A estructura espacial interna da economía española: unha crítica da posición autonomista, 1981, Xistral.
  • Dialéctica do desenvolvimento: naçom, língua, classes sociais, 1983, AGAL.
  • Portugal no quadro peninsular, 1987, AGAL.
  • O outro desenvolvemento, 1990, Novo Século.
  • Socialismo e mercado, 1992, Laiovento.
  • A Sede da terra: economía da áuga, 1995, Laiovento.

Obras colectivas editar

  • A contaminación na Galicia, 1975, Edicións do Rueiro.
  • A Galicia rural na encrucillada, 1975, Galaxia.
  • Problemática nacional e colonialismo: o caso galego (en colaboración con Francisco Rodríguez), 1978, Xistral.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
  • Estudio del sector forestal en Galicia, 1989.