Ramón Guerreiro Gómez

político, militar e guerrilleiro antifranquista galego

Ramón Guerreiro Gómez, nado en Viveiro en 1912 e finado o 8 de maio de 1948, foi un político e guerrilleiro antifranquista galego.

Modelo:BiografíaRamón Guerreiro Gómez
Biografía
Nacemento1912 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1948 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, maquis Editar o valor en Wikidata
Partido políticoXuventudes Socialistas de España
Partido Comunista de España Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor en Wikidata
Conflitoguerra civil española
oposición ao franquismo entre 1939 e 1945 Editar o valor en Wikidata
Outro
Condenado pormaquis
→ (pena de morte) Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Membro das Juventudes Socialistas de España, ingresou no Partido Comunista en 1934. Na primavera de 1936 estaba en Córdoba xunto coa súa compañeira Leonor Estévez Varela, onde asistiu á fundación na provincia das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) das que foi o seu secretario provincial. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a ocupación de Córdoba polas tropas rebeldes obrigouno a agocharse na casa de Francisco García González, destacado membro das JSU. Semanas máis tarde, ao parecer cruzando o río Guadalquivir a nado, pasou á zona republicana e incorpórase ao batallón Bautista Garcet. Participou no Congreso da JSU celebrado en Pozoblanco en setembro de 1936. Posteriormente foi asignado ao Servizo de Información Militar (SIM), foi trasladado á fronte de Aragón e, máis tarde a Cataluña, desde onde se exiliou en Francia coa derrota da República.

Durante a Segunda guerra mundial incorporouse á guerrilla antifranquista actuando no interior do País Valenciano e Aragón, co nome de Julio. Membro da dirección do Partido Comunista, foi detido en marzo de 1943 e entregou a casa onde se reunían con Jesús Bayón e "La Chon"; como resultado caeron Bayón, Agapito del Olmo, Hipólito Peralta e outros membros da dirección.[1] Conseguiu escapar da prisión de Madrid o 14 de marzo de 1944 xunto con Calixto Pérez Doñoro e Jesús Bayón.[2] A partir dese momento, actuou como guerrilleiro na zona da provincia de Ciudad Real, onde fundou a Segunda Agrupación Guerrilleira, de curta duración ao ser rexeitado como comandante polos guerrilleiros socialistas. A pesar diso creou outra pequena unidade que actuou na mesma zona ata 1948, cando foi detido en Piedrabuena ao ser traizoado polo guerrilleiro “Pedro el Cruel” (Vicente Rubio Babiano),[3] para ser fusilado o 8 de maio dese ano en aplicación da pena de morte imposta en rebeldía en 1943 contra a cúpula do Partido Comunista.

  1. Hernández Sánchez, Fernando (2015). Los años de plomo. La reconstrucción del PCE bajo el primer franquismo (1939-1953). Barcelona: Crítica. p. 106. ISBN 978-84-9892-806-8. 
  2. Hernández Sánchez, Fernando (2015). Los años de plomo. La reconstrucción del PCE bajo el primer franquismo (1939-1953). Barcelona: Crítica. p. 108. ISBN 978-84-9892-806-8. 
  3. "Ramón Guerreiro Gómez". cordobapedia.wikanda.es. Consultado o 2023-01-16. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • MORENO GÓMEZ, Francisco.: La guerra perdida de los maquis en Resistencia y cautiverio en Castilla - La Mancha. Revista Añil.
  • Moreno Gómez, Francisco (2008). 1936: el genocidio franquista en Córdoba. Ed. Crítica, Barcelona. ISBN 978-84-7423-686-6. pp. 723.