Ramón Castromil

empresario, pianista e político galego


Ramón Evaristo Castromil Ventureira, nado en Santiago de Compostela o 11 de setembro de 1930 e finado na mesma vila o 19 de abril de 2022[1], foi un empresario, pianista e político galego.

Modelo:BiografíaRamón Castromil

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1930 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 2022 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid
École Normale de Musique Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario, pianista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCastromil Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAlianza Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1091707 BUSC: castromil-ramon-1930 Dialnet: 4114124

Traxectoria

editar

Licenciado en Dereito en 1954, realizou estudos musicais en Santiago de Compostela e no Conservatorio de Música de Madrid. Continuou a súa formación pianística en París, na École Normale de Musique. Foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e deu concertos. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista en orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha expansión e modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu iniciativas na súa empresa (publicación da colección Contos do Castromil e bautizo dos autobuses da frota Castromil con nomes de persoeiros galegos do mundo da cultura) e no marco da Fundación Galicia-Empresa, da que foi presidente.

Foi elixido deputado por Alianza Popular nas primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia (1981-1985) e durante eses anos foi secretario xeral deste partido en Galicia. Foi vicepresidente do Consello da Cultura Galega, coordinou o relatorio de Música e Artes Escénicas e dirixiu o programa do Arquivo Sonoro de Galicia. Académico numerario da Real Academia de Belas Artes de Galicia dende 1992.

Recoñecementos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar