Evaristo Castromil

empresario galego

Evaristo Castromil Otero, nado en Santiago de Compostela en 1876 e finado na mesma cidade o 29 de outubro de 1969, foi un empresario galego.

Evaristo Castromil
Evaristo Castromil.jpg
Evaristo Castromil en 1911.
Nacemento1876
 Santiago de Compostela
Falecemento29 de outubro de 1969
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónemprendedor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comenzou traballando para o Banco de Olimpio Pérez. Despois exerceu como corredor de comercio e entrou en contacto coa importación de vehículos. Decantouse polo mundo do transporte e creou unha empresa de transporte de viaxeiros en 1917[1]. Desde 1918 inaugurou a primeira liña de Galicia, que unía Santiago con Pontevedra, nun traxecto dunhas dúas horas de duración e cuns prezos que ían das 5,60 ás 10 pesetas, dependendo do lugar ocupado no coche[1]. Tamén comezou a ofrecer un servizo diario entre Santiago e A Coruña, que foi a orixe da empresa Castromil.

Vida persoalEditar

Foi pai de Ramón Castromil Casal († 1990) e avó de Ramón Castromil Ventureira[2].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 (Escudero 2000, p. 138)
  2. (Escudero 2000, p. 141)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Seijas Llerena, Daniel (2006). "O empresario dos coches de liña" en Empresarios de Galicia. CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia. pp. 345–361. 
  • Escudero, Eugenia (2000). "Castromil. El primer "eje atlántico"". Grandes empresas. Grandes historias de Galicia (en castelán). La Voz de Galicia. pp. 138–141.