Rainier Fog

álbum de Alice in Chains

Rainier Fog é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Alice in Chains, publicado o 24 de agosto de 2018 a través do selo BMG, sendo o seu primeiro coa discográfica.[1] O título está inspirado no monte Rainier, un volcán que domina a área metropolitana de Seattle-Tacoma, e a canción do título é un tributo á escena musical de Seattle.[2] Trátase do terceiro disco do grupo con William DuVall como vocalista, compartindo tarefas de cantante con Jerry Cantrell. Foi parcialmente gravado no Studio X de Seattle (anteriormente Bad Animals Studios), o mesmo onde gravaron o seu álbum de 1995 Alice in Chains.[3] Rainier Fog tamén é a terceira colaboración de Alice in Chains co produtor Nick Raskulinecz.

Rainier Fog
Álbum de Alice in Chains
Publicado24 de agosto de 2018
Gravaciónxuño de 2017 - xaneiro de 2018
Duración53:21
Xénero(s)doom metal, sludge metal, hard rock
Selo(s)BMG
ProdutorNick Raskulinecz
Cronoloxía
The Devil Put Dinosaurs Here Rainier Fog -
Na rede
Spotify: 4AAPRl8BKlsIVC5aeedlBv Discogs: 1411063 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Os temas "The One You Know", "So Far Under" e "Never Fade" publicáronse como sinxelos para promocionar o álbum.[1]

Rainier Fog estreouse no número 12 da lista Billboard 200.[4] Tamén foi número 1 nas listas Top Rock Albums, Alternative Albums e Hard Rock Albums, tamén da Billboard.[4] Converteuse no primeiro disco da banda en ser top 10 no Reino Unido, chegando ao número 9.[5]

Antecedentes e gravación

editar

En agosto de 2015 o baixista Mike Inez dixo nunha entrevista que Alice in Chains estivera "tirando riffs para un novo disco".[6] Preguntado sobre se a banda gravara algún material nunha entrevista coa emisora de radio de Detroit WRIF en xuño de 2016, o vocalista William DuVall dixo que aínda era cedo e que o grupo probablemente falaría sobre iso nos seguintes meses, despois de rematar a xira con Guns N' Roses.[7]

En xaneiro de 2017 Mike Inez dixo nunha entrevista que a banda comezara a traballar nun novo álbum.[8] Falando con Good Celebrity o 1 de maio de 2017, o guitarrista e vocalista Jerry Cantrell revelou que Alice in Chains regresaría ao Studio X (antes Bad Animals Studios) de Seattle para gravar un novo álbum no seguinte mes.[9]

No mes de xuño de 2017 Mike Inez revelou que a banda aínda non asinara cunha discográfica, tendo rematado o seu anterior contacto por dous discos con Universal Music Group.[10] Inez recordou que o grupo financiara o seu álbum de 2009 Black Gives Way to Blue, polo que non estaban demasiado preocupados por non ter aínda selo.[10]

William DuVall revelou a través da súa conta de Instagram que a banda comezara a gravar o disco o 12 de xuño.[11] As sesións foron dirixidas por Nick Raskulinecz,[10] que xa producira os dous últimos traballos do grupo, Black Gives Way to Blue (2009) e The Devil Put Dinosaurs Here (2013).[10]

Durante unha entrevista con Eddie Trunk no seu programa de radio Trunk Nation o 21 de agosto, Jerry Cantrell dixo sobre o álbum; "Estamos no proceso de reunir agunhas cancións e agardo que nun futuro proximo teñamos algo para vós". Cando foi preguntado sobre unha data de lanzamento respondeu; "Non sei. Veremos. Cando esteamos listos cho faremos saber, pero estamos no proceso de traballar co material".[12] Durante unha aparición no programa de televisión Fantasy Live o 19 de setembro, Cantrell dixo que a banda estivera traballando todo o verán compoñendo música e agardaban que algo puidese aparecer no ano seguinte.[13]

En decembro de 2017 o disco foi cualificado por Ultimate Guitar como o número 2 da súa lista dos 25 álbums máis agardados de 2018.[14]

O 11 de xaneiro de 2018 o producer Nick Raskulinecz anunciou a través de Instagram que o traballo estaba case rematado e que só quedaba un día máis de gravación.[15]

Durante unha entrevista con Guitar World publicada o 11 de abril, Jerry Cantrell dixo que o álbum gravouse en catro estudios.[3] Despois de gravar no Studio X de Seattle, a banda foi a Nashville para gravar voces e guitarras principais no estudio caseiro de Nick Raskulinecz.[3] Pero Cantrell tivo que tomarse un tempo de descanso non previsto ao poñerse enfermo nunha viaxe a Cabo San Lucas en México para celebrar o aniversario de Sammy Hagar.[3] Cantrell comeu algo en mal estado e prescribíronlle antibióticos que o seu corpo rexeitou, polo que tivo que pasar seis semanas recuperándose nos Ánxeles.[2] Cantrell fixo que o enxeñeiro do grupo, Paul Figueroa, fose á súa casa e gravase moitas das voces e solos alí.[3] A banda rematou de gravar o disco nos Henson Recording Studios dos Ánxeles.[3] Cantrell tamén dixo que esperaba que o álbum fose lanzado "probablemente nalgún momento deste verán".[3] O álbum mesturouse en JHOC Studio, o estudio de Joe Barresi en Pasadena.[16]

Cantrell dixo que usou "moito material estándar antigo", as súas guitarras G&L e Les Paul, e o seu amplificador signature Dave Friedman ‘Double J’.[3] Tamén se usaron amplificadores máis limpos como AC30 e Fender.[3] Un amplificador de cigar box que Nick Raskulinecz mercou no Pike Place Market de Seattle usouse en tres ou catro cancións cunha guitarra barítona.[3]

Cando o grupo estaba gravando en Seattle, unha das irmás de Chris Cornell trouxo unha das súas guitarras acústicas ao Studio X e regaloulla a DuVall e Cantrell, e ámbolos dous tocárona no álbum. "Ese foi outro momento relixioso. Está aí na mestura, cada vez que escoitamos este disco sabemos onde está", dixo DuVall.[17]

Na sala de prensa da cerimonia de inclusión do Salón da Fama do Rock o 14 de abril de 2018 Cantrell revelou que Alice in Chains asinara recentemente con BMG, e que remataran de mesturar o seu novo álbum.[18]

Listaxe de cancións

editar

Toda a música composta por Jerry Cantrell, agás onde se indique.

N.º TítuloLetrasMúsica Duración
1. "The One You Know"     4:49
2. "Rainier Fog"     5:01
3. "Red Giant"   Cantrell, Mike Inez, Sean Kinney 5:25
4. "Fly"   Cantrell, Kinney 5:18
5. "Drone"   Cantrell, Inez, Kinney 6:30
6. "Deaf Ears Blind Eyes"     4:44
7. "Maybe"     5:36
8. "So Far Under"  William DuVallDuVall 4:33
9. "Never Fade"  DuVall, Cantrell  4:40
10. "All I Am"     7:15
53:21
  1. 1,0 1,1 "Alice In Chains Announce New Album, Debut New Track". Kerrang!. Consultado o 14 September 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Alice in Chains Talk Honoring Seattle Comrades With New Album ‘Rainier Fog’". Rolling Stone. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 "Jerry Cantrell Offers More Details on Alice in Chains' New Album". Guitar World. Consultado o 14 de setembro 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Alice in Chains' 'Rainier Fog' Blows in at No. 1 on Rock, Alternative & Hard Rock Album Charts". Billboard. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  5. "Alice In Chains Have Best Chart Debut With New Album". Anti Music. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  6. "Alice in Chains Are Working on New Album". Ultimate Guitar. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  7. "It's 'Too Early' To Talk About New Music From Alice in Chains, Says William DuVall". Blabbermouth. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  8. "Alice in Chains Is Working On Follow-Up To 'The Devil Put Dinosaurs Here'". Blabbermouth. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  9. "Alice in Chains To Begin Recording New Album In June". Blabbermouth. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 "Alice in Chains To Re-Team With Producer Nick Raskulinecz For New Album". Blabbermouth. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  11. "William DuVall: Day One tracking". Instagram. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  12. "Jerry Cantrell Interview on Trunk Nation (August 21, 2017) - Alice in Chains' new album + solo album". YouTube. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  13. "Jerry Cantrell Talks Fantasy Football + Alice in Chains' New Album on Fantasy Live (09/19/2017)". YouTube. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  14. "UG Awards: Top 25 Most Anticipated Albums of 2018". Ultimate Guitar. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  15. "Big News From Alice in Chains: New Album Almost Wrapped Up!". Ultimate Guitar. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  16. "Alice Unchained". Kerrang!. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  17. "Destroy Or Be Destroyed: Alice in Chains Confronts Ghosts, Past on 'Rainier Fog'". Pop Matters. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  18. "Alice In Chains' Jerry Cantrell remembers Chris Cornell". YouTube. Consultado o 16 de setembro de 2018.