Rain (filme de 2008)

filme de 2008 dirixido por Maria Govan

Rain é un filme bahamés de 2008 dirixido e escrito por Maria Govan. Esta foi unha das primeiras longametraxes rodadas integramente por cidadáns das Bahamas. Rain está entre os últimos traballos do actor Calvin Lockhart.

Rain
Ficha técnica
Título orixinalRain
DirectorMaria Govan
ProdutorMaria Govan
Nate Kohn
Pamela Kohn
Francis J. Kuzler
Molly M. Mayeux
GuiónMaria Govan
IntérpretesCCH Pounder
Ricki Micheaux
Renel Brown
Irma P. Hall
MúsicaGerald Brunskill
MontaxeMaria Cataldo
EstudioRain Films
Dahlia Street Films
DedPro
DistribuidoraImage Entertainment
EstreaFestival de Toronto: setembro de 2008[1][2]
Duración93 minutos
Orixe Bahamas
XéneroDrama
Orzamento1 millón de dólares[1]
Na rede
IMDB: tt0965440 Allocine: 145207 Allmovie: v391231 TCM: 664560 Editar o valor em Wikidata

Sinopse

editar

Unha moza bahamesa, Rain, embarca dende a Illa Ragged[3] e marcha cara a Nassau. A morte da súa avoa obrigouna a saír e explorar o mundo pola súa conta. Cando ela chega a Nassau, as vistas da gran cidade abáfana, e axiña atopa as súas ilusións idealistas esnaquizadas cando descobre o destrutivo que se fixo o estilo de vida da súa nai. Varada nun ambiente descoñecido que a enche de medo e enfrontada a unha nai que nunca coñeceu, Rain busca desesperadamente atopar o seu propio lugar no mundo.

Personaxes

editar
  • CCH Pounder como Ms. Adams
  • Nicki Micheaux como Glory
  • Renel Brown como Rain
  • Irma P. Hall como Rosalie
  • Marion Bethel como Ms. Wells
  • Ron Butler como The Preacher
  • Margaux Dillet como Manman Magdaline
  • Chrishawn Ferguson como Sinu
  • Roger Gibson como Prèchè
  • Trenae Johnson como Keva
  • Juanita Kelly como Margo
  • Calvin Lockhart como Samuel

Produción

editar

Rain foi o primeiro filme dirixido por Maria Govan, que recadou o orzamento dun millón de dólares a través de investidores bahameses.[1] ITamén foi unha das primeiras longametraxes que se produciron integramente nas Bahamas (o primeiro foi "Filthy Rich Gangster"), país que fora durante moito tempo un lugar de rodaxe para os filmes James Bond[4] A película de Govan rodouse durante catro semanas en tres illas diferentes das Bahamas, incluíndo Nova Providencia[5] e Eleuthera;[4] a rodaxe tamén tivo lugar na cidade de Nova York.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Danielsen, Shane (2008-12-05). "Sand, surf, cinema: tropical locations and climate only part of young event's growing appeal". Variety (Reed Business Information) 301 (43): A19. 
  2. "'Rain' in Bahamas". The Hollywood Reporter (VNU/Nielsen Business Media) 406 (26): 6. 2008-09-12. 
  3. Simon, Alissa (2008-09-16). "Review of Rain (Bahamas)". Variety (Reed Business Information). Consultado o 2010-08-22. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Lacher, Irene (2007-05-15). "Treasure island: some of Hollywood's biggest franchises have filmed in the Bahamas". The Hollywood Reporter (VNU/Nielsen Business Media) 399 (30): 25. 
  5. Dretzka, Gary (2010-07-27). "DVD reviews: July 27, 2010 (Rain)". Movie City News (MCN). Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2010. Consultado o 2010-08-22.