Raimundo IV de Trípoli

Conde de Trípoli

Raimundo IV de Trípoli, finado en 1199, foi conde de Trípoli (1187-1189 ) e príncipe rexente de Antioquía (1193-1194).[1] Era o fillo máis vello de Bohemundo III, príncipe de Antioquía e Orgueilleuse de Harenc.[2]

Infotaula de personaRaimundo IV de Trípoli
Biografía
Nacementoc. 1170 Editar o valor em Wikidata
Morte1199 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (28/29 anos)
Actividade
Ocupaciónrexente Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde de Trípoli (1187–1189) Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAlice of Armenia (1195 (Gregoriano)–1199 (Gregoriano))
FillosRaymond-Roupen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisBohemundo III el Tartamudo Editar o valor em Wikidata  e Orgueilleuse de Harenc (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsBohemundo IV el Tuerto Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Poitiers-54

Traxectoria editar

O conde de Trípoli, Raimundo III de Trípoli, morreu sen fillos en 1187 e, por ser o seu afillado,[2] legoulle o seu condado. Pero dous anos despois, seu pai, Bohemundo III prefiriu chamalo ao seu carón e nomealo herdeiro do principado de Antioquía polo que colocou a seu fillo máis novo, Bohemundo I de Trípoli (o futuro Bohemundo IV de Antioquía), como conde de Trípoli.[3]

Crise co reino armenio de Cilicia editar

O seu pai entrou en disputa co rei de Armenia Menor, León I, por mor do castelo de Bagras, que o armenio conquistara aos musulmáns, pero que antes fora propiedade do principado de Antioquía e, polo tanto, reclamoullo. León I, non só non lle devolveu a Bagras senón que tamén o encarcerou facéndolle crer que o chamaba para discutir o asunto.

Durante a catividade do seu pai, Raimundo foi rexente do Principado de Antioquia.[1] Para liberalo, o rei armenio pediulle a cambio do goberno de Antioquía, e este aceptou, pero a cidade, constituída en comuna baixo a dirección do patriarca Eimerico de Limoges, negouse a facer o que lle pedían. Dixéronlles que a comuna de Antioquia só recoñecía a autoridade de Raimundo até o regreso de Bohemundo.[4]

A solución a esta crise chegou, polo 1195, co matrimonio entre Raimundo coa princesa Alicia de Armenia, sobriña de Léon e filla de Rubén III de Armenia.[5] Para casar, pediron permiso ao rei de Xerusalén, Henrique I, que accedeu cando o tío de Alicia liberou o pai de Ramón, o príncipe Bohemundo III. Tiveron un fillo, Raimundo Rubén de Antioquía[6] (nado en 1199, e finado en 1221), a quen moitos consideraron o lexítimo herdeiro ao trono e que loitou pola súa herdanza como neto de Bohemundo III.[7] Raimundo IV morreu en 1199, pouco despois de ter o seu fillo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Lock, 2006, p. 79
  2. 2,0 2,1 Runciman 1989a, p. 470
  3. Burgtorf 2016, p. 198
  4. Hardwicke 1969, p. 527
  5. Runciman 1989b, p. 89
  6. Grousset 1949, p. 648
  7. Burgtorf 2016, p. 199

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burgtorf, Jochen (2016). "The Antiochene war of succession". En Boas, Adrian J. The Crusader World (en inglés). Abingdon, Oxfordshire: Routledge, Taylor & Francis Group. pp. 196–211. ISBN 9780415824941. 
  • Grousset, René (1949 (reimpresión en 1979)). L'Empire du Levant : Histoire de la Question d'Orient. Colección: Bibliothèque historique (en francés). París: Ed.Payot. ISBN 978-2-228-12530-7. 
  • Hardwicke, Mary Nickerson (1962). "The Crusader States, 1192–1243". En Wolf, Robert Lee; Hazard, Harry H. A History of the Crusades (en inglés). Volume 2: The Later Crusades, 1189-1311. Filadelfia, PA: University of Pennsylvania Press. pp. 522–556. ISBN 978-1-5128-1956-4. JSTOR j.ctv4s7mwv.24. 
  • Lock, Peter (2006). The Routladge Companion to the Crusades (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-39312-6. 
  • Runciman, Steven (1989a). A History of the Crusades (en inglés). Vol. II: The Kingdom of Jerusalem and the Frankish East, 1100–1187. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-06163-6. 
  • Runciman, Steven (1989b). A History of the Crusades (en inglés). Vol. III: The Kingdom of Acre and the Later Crusades. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-06163-6. 

Outros artigos editar

Predecesor:
Raimundo III de Trípoli
 
Conde de Trípoli

1187-1189
Sucesor:
Bohemundo IV de Antioquía
Predecesor:
Bohemundo III de Antioquía
 
Rexente de Antioquia

1193-1194
Sucesor:
Bohemundo III de Antioquía