Rafael Salgado Torres
Rafael Salgado Torres, nado na Coruña o 23 de outubro de 1914 e finado na mesma cidade o 20 de setembro de 1987,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1914 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 20 de setembro de 1987 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
![]() | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
![]() | |
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964 Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
![]() | |
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961 Lexislatura: VI lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Bergondo | |
marzo de 1948 – 1956 ← Juan Zapata Monteiro ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarProfesor mercantil. Foi un dos primeiros militantes de Falange da Coruña. Foi detido en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe local de Milicias da Coruña. Incorporouse ao exército franquista como alférez provisional. Mutilado de guerra. Foi Delegado Provincial de Información e Investigación de FET y de las JONS da Coruña (1943) e concelleiro da Coruña. Foi nomeado delegado gobernativo do concello de Bergondo en marzo de 1948, permanecendo como alcalde até o 4 de xaneiro de 1956. Foi Conselleiro Nacional do Movimiento e procurador en Cortes (1958-1971). Foi presidente do Instituto Nacional de Previsión da Coruña. Tamén foi presidente do Deportivo da Coruña (1952-53) e do Aéreo club.
Predecesor: Juan Zapata Monteiro |
Alcalde de Bergondo 1948 - 1956 |
Sucesor: Manuel Fafián Babío |
Vida persoal
editarCasou con María do Carmen Abelenda Regueiro, neta do rexistrador de Carballo Luciano Regueiro Pumpido.
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-9-1987, p. 43.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Alcaldes do Concello de Bergondo (A Coruña) 1836-2013 Arquivado 23 de agosto de 2016 en Wayback Machine.