Abrir o menú principal

Rafael López Ventín

Rafael López Ventin nado en Cesantes (Redondela) o 22 de abril de 1905, foi un futbolista galego máis coñecido como Cabezo I. Xogaba na demarcación de defensa. Foi irmán do tamén futbolista Honorato López Ventín.

Rafael López Ventín
Información persoal
Nacemento 22 de abril de 1905
  Redondela
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chegou ao Celta de Vigo procedente do Eiriña CF no ano 1925, proclamándose Campión galego no primeiro ano. Tamén participou no Campionato de España pero tras eliminar ao Cultural Leonesa, Sporting de Xixón e Real Sociedad perdeu en semifinais ante o Atlético de Madrid. O encontro disputouse o 9 de maio de 1926 no campo neutral de San Mamés, ao rematar o tempo regulamentario chegouse cun empate a 2-2 pero na prorroga o porteiro céltico Lilo tivo que retirarse lesionado e o seu posto tivo que ocupalo o propio Cabezo, aos catro minutos recibiu o tanto da derrota.

Na tempada 1930/31 ficha polo Atlético de Madrid pero non tivo sorte cas lesións, polas que so puido xogar cinco encontros en Liga e dous en Copa. Ao finalizar a tempada regresa a Vigo para xogar no Celta ata 1936. No seu último ano no Celta conseguiría o ascenso a Primeira División.

Despois da Guerra Civil Española aínda xogaría no CD Redondela, con máis de corenta anos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar