Honorato López Ventín
Honorato López Ventín, nado en Cesantes (Redondela) o 4 de marzo de 1914 e finado o 13 de febreiro de 1993, foi un futbolista galego, máis coñecido como Cabezo II. Xogaba na demarcación de gardameta. Foi irmán do tamén futbolista Rafael López Ventín.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1914 Cesantes, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 13 de febreiro de 1993 (78 anos) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galicia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Rafael López Ventín |
Traxectoria
editarComezou xogando de dianteiro pero unha lesión de menisco obrigouno a pasar á portería para xogar de gardameta. A súa traxectoria profesional comeza no Eiriña CF de Pontevedra na tempada 1934-35. Despois da Guerra Civil Española debutou en Primeira División co Real Zaragoza disputando 13 encontros. A tempada seguinte volve a Galicia para xogar no Deportivo da Coruña en Segunda División.
En outubro de 1942 deixa o Deportivo para fichar polo Real Betis, que descendería a Segunda esa mesma tempada co concurso de Cabezo en 16 encontros. Na tempada 1944-45 a directiva do Celta de Vigo, acabado de descender a Segunda División, fixo un grande esforzo con colaboración da industria e comercio da cidade para reforzar a portería con Hernández e Cabezo. Pese a alternarse os primeiros encontros entre as dúas fichaches a chegada de Gonzalo Marzá relegounos aos dous á suplencia.
Porén xogaría o decisivo encontro contra o Cultural Leonesa no que o Celta se asegurou disputar a promoción que o levaría de novo a Primeira División. Sería o seu último encontro co Celta.
Despois de deixar o fútbol, foi inspector rexional de Culmen S.A., compañía española de capitalización[1]. Ademais, foi adestrador do Club Deportivo Choco[2]
Vida persoal
editarCasou con Teresa Gómez Dacosta, finada en 1969[3]
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Marcos L. Bacariza (3 de novembro de 2009). "Cabezo II". Yo jugué en el Celta (en castelán).
- ↑ "Uno de los ocho sorteos que mensualmente efectúa Culmen S.A., Compañía Española de Capitalización, beneficia a Vigo con el premio de 10.000 pesetas". El Pueblo Gallego. 9 de xuño de 1953. p. 5.
- ↑ Amado González Cardama (13 de decembro de 1957). "El Choco de Redondela, aspirante al título de la Serie A". El Pueblo Gallego.
- ↑ "Fallecimiento de Doña Teresa Gómez Dacosta". El Pueblo Gallego. 5 de xuño de 1969. p. 13.