Radio Juventud (Monforte de Lemos)

Emisora de radio

Radio Juventud, co indicativo EFJ 48, foi unha emisora de Monforte de Lemos integrada na Cadena Azul de Radiodifusión que existiu entre 1953 e 1989.

Radio Juventud EFJ 48
TipoEmisora de radio
Data de fundación1953
Data de disolución1989
Organización matrizCadena Azul de Radiodifusión
Organización relacionadaLa Voz Sindical de Lugo-Radio Monforte CES 17
SedeMonforte de Lemos
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A finais do ano 1953 comezaron as probas técnicas da radio cun equipo emisor de 50 watts cedido pola Radio Juventud da Coruña. Esta emisora foi fundada seguindo a liña das estacións escolas de Frente de Juventudes, coas que pretendía formas a futuros profesionais da

La Voz Sindical de Lugo-Radio Monforte CES 17
TipoEmisora de radio
Data de fundación1966
Data de disolución1978
Organización matrizCadena de Emisoras Sindicales
Organización relacionadaRadio Juventud (Monforte de Lemos) EFJ 48
SedeMonforte de Lemos
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

radiodifusión. As emisións regulares comezaron o 1 de marzo de 1954 ás 20.30 horas coa reprodución do Cara al Sol, o Himno Nacional de España e oración do Angelus.[1]

En 1966 foi transferida a Cadena de Emisoras Sindicales (CES), outra das redes de radio do Movimiento Nacional, polo que foi renomeada como La Voz Sindical de Lugo-Radio Monforte e adoptando o indicativo CES 17.[2] Coa fusión das redes de emisoras de CES, REM e CAR en Radiocadena Española, en 1978, a emisora quedou dentro desta nova organización, ata que, en 1989, foi absorvida por Radio Nacional de España, retransmitindo a sintonía de Radio 5. En 1991, Radio Nacional de España pechou os estudios en Monforte, herdados da antiga Radio Juventud.[3]

Notas editar

  1. "Radio Juventud, la primera emisora de Monforte". El Progreso de Lugo (en castelán). 2023-03-04. Consultado o 2023-04-14. 
  2. Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. p. 215. ISBN 84-89947-73-2. 
  3. "Nostalgia de los discos dedicados". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-12-28. Consultado o 2023-04-14. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar