Cadena Azul de Radiodifusión

Cadea de emisoras públicas españolas durante o franquismo

Cadena Azul de Radiodifusión (CAR) foi unha rede de emisoras de radio públicas baixo o control de Frente de Juventudes de FET de las JONS. Creada en 1954, foi fusionada coa Red de Emisoras del Movimiento para dar lugar a Radiocadena Española en 1974. As estacións locais eran denominadas como "Radio Juventud".

Cadena Azul de Radiodifusión
Tipoemisora de radio
Data de fundación1954
Data de disolución1974
Organización matrizFrente de Juventudes de FET de las JONS
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Na década de 1940, Frente de Juventudes, rama xuvenil da FET de las JONS, creara as "emisoras escola" coas que pretendía formar a mozos e mozas en profesións relaccionadas coa radiodifusión. A primeira delas foi a fundada polo Sindicato Español Universitario en Madrid en 1941.[1] No ano 1954, estas "emisoras escolas" foron agrupadas na Cadena Azul de Radiodifusión. Con todo, a rede non emitía en cadea, senón que a maioría da programación era elaborada a nivel local. Na grella, predominaba o entretemento con emisións musicais, os concursos e as dedicatorias de cancións.[2] Os contidos informativos limitábanse á lectura da prensa escrita local e á conexión obrigatoria co parte de Radio Nacional de España. Malia a seren de titularidade pública e a que FET de las JONS nomeaba á dirección, as emisoras financiábanse autonomamente mediante a publicidade e achegas dos clubs de oíntes.[2][3] En 1974, acabou sendo fusionada con outras redes públicas de radiodifusión para dar lugar a Radiocadena Española, integrada en RTVE antes de desaparecer en 1989.[4][5]

Galicia editar

En Galicia, existiron varias emisoras da Cadena Azul de Radiodifusión, eran Radio Juventud de Ribadavia (creada en 1949), Radio Juventud da Coruña (fundada en 1952) e Radio Juventud de Monforte de Lemos (dende 1953).

Notas editar

  1. "RADIO JUVENTUD DE ESPAÑA - Historia". arec.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2023. Consultado o 2023-04-11. 
  2. 2,0 2,1 "CADENA AZUL DE RADIODIFUSIÓN". arec.es. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2023. Consultado o 2023-04-11. 
  3. Región, La (2019-05-17). "Radio Juventud de Ribadavia". La Región (en castelán). Consultado o 2023-04-11. 
  4. "BOE-A-1978-11994 Real Decreto 922/1978, de 14 de abril, por el que se crea una Comisión de Tutela para la incorporación a Radio-televisión Española de Radio Cadena Española, Cadena de Emisoras Sindicales y Radio Peninsular.". www.boe.es. Consultado o 2023-04-11. 
  5. Contreras, José Miguel (1988-07-20). "Aprobada la fusión de Radio Nacional de España y Radiocadena Española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-11.