Red de Emisoras del Movimiento

Cadea de emisoras públicas españolas durante o franquismo

Red de Emisoras del Movimiento (REM) foi unha cadea de radios españolas de titularidade pública, dependente da Secretaría Xeral do Movemento na Ditadura de Francisco Franco. Operativa entre 1954 e 1974, as súas emisoras eran denominadas "La Voz de..." e o nome da localidade.[1]

Red de Emisoras del Movimiento
Organización matrizFalange Española Tradicionalista y de las JONS
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A REM naceu para agrupar as emisoras creadas baixo o patrocinio de FET de las JONS ao longo da década de 1940 e 1950, igual que se creou a Cadena Azul de Radiodifusión, pertencente á Frente de Juventudes, e a Cadena de Emisoras Sindicales, ligada ao Sindicato Vertical.

A maioría das emisoras da REM eran de ámbito provincial e a que actuaba como cabeceira era La Voz de Madrid.[2] En Galicia contou coa emisora La Voz de Vigo (fundada en 1957) e La Voz de Ferrol (pechada en 1969). A REM foi promotora do Festival de Benidorm, fundado en 1959.[3] En 1974 acabou sendo fusionada con outras redes públicas de radiodifusión para dar lugar a Radiocadena Española, que se integrou en RTVE antes de desaparecer en 1989.[4][5]

Relación de emisoras editar

  • Radio La Voz de Álava
  • Radio La Voz de Alicante
  • Radio La Voz de Andalucía, en Córdoba
  • Radio La Voz de Cantabria, de Santander
  • Radio La Voz de Castellón
  • Radio La Voz de Cataluña, en Barcelona
  • Radio La Voz de Extremadura, en Cáceres
  • Radio La Voz de Guipúzcoa, en San Sebastián
  • Radio La Voz de León
  • Radio La Voz de Levante, en Valencia
  • Radio La Voz de Madrid
  • Radio La Voz del Mediterráneo, en Tarragona
  • Radio La Voz de Navarra
  • Radio La Voz de Palencia
  • Radio La Voz del Principado de Asturias
  • Radio La Voz de Valladolid
  • Radio La Voz de Vigo
  • Radio La Voz de Ferrol

Notas editar

  1. Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. p. 66. ISBN 84-89947-73-2. 
  2. "RED DE EMISORAS DEL MOVIMIENTO". arec.es. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2023. Consultado o 2023-04-09. 
  3. "Red de Emisoras del Movimiento (REM)" (PDF). Diccionario Audiovisual Valenciano. 
  4. "BOE-A-1978-11994 Real Decreto 922/1978, de 14 de abril, por el que se crea una Comisión de Tutela para la incorporación a Radio-televisión Española de Radio Cadena Española, Cadena de Emisoras Sindicales y Radio Peninsular.". www.boe.es. Consultado o 2023-04-09. 
  5. Contreras, José Miguel (1988-07-20). "Aprobada la fusión de Radio Nacional de España y Radiocadena Española". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-09.