Abrir o menú principal

Raúl Ríos Álvarez

político español

Raúl Ríos Álvarez, nado en 1946, é un político galego que foi alcalde de Trazo.

Raúl Ríos Álvarez
Nacemento1946
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Mestre de profesión, Raúl Ríos foi o primeiro alcalde democrático de Trazo, ao resultar elixido nas municipais de 1979 encabezando unha candidatura independente. Nas municipais de 1983 encabezou a Candidatura Independiente de Trazo, que conseguiu 5 concelleiros, pero non conseguiu a alcaldía, que foi para Jesús Dubra Rama, de Alianza Popular, pero uns días despois unha sentenza da Audiencia da Coruña modificou o repartimento de concelleiros e Ríos foi investido alcalde. En 1984 ingresou no PSdeG e volveu ser elixido nas municipais de 1987 baixo estas siglas. Cesou en 1988 tras unha moción de censura na que foi elixido alcalde Jesús Dubra Rama.


Predecesor:
'
  
Alcalde de Trazo
 
1979-1983
Sucesor:
Jesús Dubra Rama
Predecesor:
Jesús Dubra Rama
  
Alcalde de Trazo
 
1983-1988
Sucesor:
Jesús Dubra Rama

Véxase taménEditar