Jesús Dubra Rama

político galego

Jesús Dubra Rama, nado en Trazo en 1941 e finado o 12 de xaneiro de 2002[1], foi un político galego.

Infotaula de personaJesús Dubra Rama
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata
Trazo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2002 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Alcalde de Trazo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi cabeza de lista do PSdeG-PSOE en Trazo nas eleccións municipais de 1983, logrando tan só un concelleiro, pero elixido alcalde co apoio dos grupos da dereita, fronte ao alcalde independente progresista Raúl Ríos Álvarez. Porén, unha sentenza da Audiencia Territorial modificou os resultados electorais outorgándolle a maioría absoluta aos independentes con 7 concelleiros. Pola súa parte, o PSdeG deixouno de recoñecer como socialista polo seu pacto coa dereita. A pesar de atrasar o máximo posible o novo pleno de investidura, este realizouse en marzo de 1984[2], recuperando Ríos a alcaldía.

Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do CDS, logrando un só concelleiro e apoiando a Raúl Ríos Álvarez, que nesa ocasión gañara de novo as eleccións á fronte do PSdeG-PSOE. No entanto, retiroulle o apoio na primavera de 1988, presentando unha moción de censura[3] co apoio dos grupos da CPG e AP, co que foi elixido alcalde no mes de xullo[4].

Nas municipais de 1991 encabezou de novo a candidatura do CDS, gañando as eleccións con 5 concelleiros, fronte a 4 do PPdeG e a 2 do PSdeG-PSOE de Ríos Álvarez. Desta forma, conformouse un goberno de coalición con socialistas[5], o cal se mantivo ata 1994[6]. En xaneiro de 1995, pasouse con gran parte do seu equipo ao PPdeG[7] encabezando a súa candidatura nas municipais de maio dese mesmo ano e gañándoas con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 encabezou de novo o PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.

Finou o 12 de xaneiro de 2002, sendo substituído por José Dafonte Varela.


Predecesor:
Raúl Ríos Álvarez
  
Alcalde de Trazo
 
1983-1984
Sucesor:
Raúl Ríos Álvarez
Predecesor:
Raúl Ríos Álvarez
  
Alcalde de Trazo
 
1988-2002
Sucesor:
José Dafonte Varela

Notas editar

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-01-2002, p. 73.
  2. La Voz de Galicia ed. Santiago, 17-03-1984, p. 28.
  3. La Voz de Galicia ed. Santiago, 20-05-1988, p. 35.
  4. La Voz de Galicia, 17-07-1988, p. 27.
  5. La Voz de Galicia, 29-10-1991, p. 29.
  6. La Voz de Galicia ed. Santiago, 21-01-1995, p. 39.
  7. La Voz de Galicia, 20-01-1995, p. 20.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar