O río Solimões é un río do Brasil, duns 1700 km de lonxitude, cuxo curso transcorre enteiramente polo estado de Amazonas, que aínda que comeza no Perú, toma o seu nome ao pasar a tripla fronteira do Brasil-Colombia-Perú, en Tabatinga. Percorre as cidades de São Paulo de Olivença, Amaturá, Santo Antônio do Içá, Tonantins, Jutaí, Fonte Boa, Tefé, Coari, Codajás, Anamã, Anorí, Manacapuru, até chegar a preto de Manaus, onde se encontra co río Negro,[1] recibindo despois o nome de río Amazonas. Este punto de encontro, no que os ríos se xunta sen mazclarse, coñécese como Encontro das Augas.

Río Solimões
País Brasil
Nacemento Perú
Lonxitude1.700

Orixe do nome editar

O río Solimões recibe este nome debido aos pobos que habitaron as súas marxes, descritos polos cronistas españois e portugueses no século XVI. Nas marxes do río, entre os actuais municipios de Coari e Anamã, estaban as tribos do Yurimáguas[2]. Estes pobos recibiron diversos nomes ao longo dos séculos e diferentes cronistas chamáronos de distinto xeito: Joriman[3], Sorimões[4] e Sorimão [5].

As derivacións de Sorimão, Sorimões e Solimões veñen do latín Solimum, en referencia ao veleno utilizado nas puntas das frechas e dardos daquelas tribos, que era unha das sociedades máis belicosas do territorio[6], dando orixe ao nome do río.

Afluentes do río Solimões editar

Ten como afluentes importantes pola marxe dereita o Río Javari, Jutaí,Juruá e Purus e os ríos Içá e Japurá pola marxe esquerda.

Nesta táboa están os principais afluentes do río Solimões, sendo do sentido oeste para leste, desde a cidade de Tabatinga até Manaus.

O rio Solimões e os seus afluentes
Foz País Extensión (km)
Río Solimões Río Amazonas   Brasil 1.700
- Río Javari Río Solimões   Perú -   Brasil 1.050
- - Río Curuça Río Javari   Brasil 530
- - Río Itui Río Javari   Brasil 480
- Río Jandiatuba Río Solimões   Brasil 500
- Río Putumayo (ou Río Içá) Río Solimões   Colombia -   Ecuador -   Perú -   Brasil 1.610
- - Río Igara Paraná Río Putumayo   Colombia 430
- Río Jutaí Río Solimões   Brasil 1.050
- - Río Zinho Río Jutai   Brasil 430
- - Río Bia Río Jutai   Brasil 470
- - Río Mutum Río Jutai   Brasil 320
- Río Juruá Río Solimões   Perú -   Brasil 3.100
- - Río Gregório Río Juruá   Brasil 350
- Río Caqueta-Japurá Río Solimões   Colombia -   Brasil 2.820
- - Río Apaporis Río Caquetá   Colombia -   Brasil[7] 770
- - Río Cahuinari Río Caquetá   Colombia 400
- - Río Yarí Río Caquetá   Colombia 530
- - Río Caguan Río Caquetá   Colombia 470
- Río Tefé Río Solimões   Brasil 450
- Lago de Coari Río Solimões (d)   Brasil 530
- Río Badajós Río Solimões   Brasil 220
- Río Purus Río Solimões   Perú -   Brasil 3.379
- - Río Ipixuna Río Purus   Brasil 370
- - Río Tapauá Río Purus   Brasil 640
- - Río Mucuim Río Purus   Brasil 350
- - Río Ituxi Río Purus   Brasil 640
- - Río Sepatini Río Purus   Brasil -
- - Río Pauini Río Purus   Brasil 450
- - Río Acre Río Purus   Brasil 680
- - Río Iaco Río Purus   Perú -   Brasil 480
- - Río Chandless Río Purus   Perú -   Brasil 370
- Río Manacapuru Río Solimões   Brasil 171

Notas editar

  1. "‘Meeting of waters’". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-10-06. 
  2. O padre Samuel Fritz foi o responsábel de catequización dos Yurimáguas no século XVI
  3. Relatos de Laureano de La Cruz en 1653
  4. Relatos de Maurício de Heriarte en 1662
  5. Relatos de Sampaio en 1775
  6. Cristobal de Acuña en 1641 describe os Yurimáguas como unha das sociedades máis belicosas daquelas augas e as súas marxes estaban densamente poboadas
  7. O río Apaporis non corre polo Brasil, mais no seu curso baixo forma unha fronteira natural, de menos de 50 km, entre Colombia e Brasil.