O río Om (en ruso Река Омь) é un longo río siberiano, un afluente á marxe esquerda do río Irtysh. O seu curso ten unha lonxitude de 1.091 km e drena unha conca de 52.600 km² (maior en extensión que Costa Rica ou Eslovaquia).

Río Om
PaísRusia
NacementoPantanos de Vasiugán
Lonxitude1.091 km
Conca52.600 km²
Caudal medio64 m³/s
DesembocaduraRío Obi
Localización do río Om

Administrativamente, o río discorre polo oblast de Omsk e o oblast de Novosibirsk da Federación Rusa.

Xeografía editar

O río Om nace na rexión dos pantanos de Vasiugán, no límite dos oblast de Novossibirsk e Omsk. Discorre en dirección oeste, desaugando pola dereita no río Irtych, na capital siberiana de Omsk.

Os seus principais afluentes son os ríos Icha (Ича) (240 km de lonxitude e unha conca de 3.300 km²), Ougourmanka, Ouzakla, Kama (Кама) e o máis largo de todos, o río Tartas (Тартас) (566 km de lonxitude e unha conca de 16.200 km²).

O río Om baña as localidades de Barabinsk (30.700 hab. en 2007), Kalatchinsk (23.607 hab. en 2008), Kouïbychev (48.200 hab. en 2007) e a capital, Omsk (1.131.100 hab. en 2008).

Ao igual que todos os ríos siberianos, sofre grandes períodos de xeadas (seis meses ao ano, desde finais de outubro-novembro até finais de abril-principios de maio) e amplas extensións de chan permanecen permanentemente conxeladas en profundidade (permafrost). Ao chegar a época do desxeo, inunda amplas zonas que se converten en terreos pantanosos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar