Río Maruzo

río de Galicia, España

O río Maruzo é un río galego que pertence á cunca do río Tambre e percorre parte do sueste da comarca de Ordes. Nace na parroquia de Cumbraos (Mesía) e desemboca no Tambre á altura do Cachopal (Oroso), tras pasar polas parroquias de Cumbraos, Lanzá, Vitre, Moar, Gafoi, Aiazo, Calvente e Os Ánxeles. O seu principal afluente é o río Gaiteiro.

Modelo:Xeografía físicaRío Maruzo
Imaxe
Ponte sobre o Maruzo en Lanzá
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaprovincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónrío Tambre Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°58′49″N 8°19′46″O / 42.9803, -8.3294
Conca hidrográficarío Tambre Editar o valor en Wikidata

É o terceiro río máis importante da comarca de Ordes e actúa como fronteira natural entre numerosas parroquias e, preto da fin do seu treito, entre Oroso e Frades.