Río Cuanza

río de Angola

Coordenadas: 13°40′51″S 17°25′48″L / -13.68083, -17.43000

O río Cuanza, tamén grafado Kwanza na lingua local e, antes de 1911, Coanza,[1] é o maior río de curso exclusivamente angolano.

Cuanza
Kwanza
O río Cuanza preto de Dondo, Cambambe (Cuanza Norte)
PaísAngola Angola
NacementoMumbué (Bié)
Altitude1 929,74 m
Lonxitude960 m
Conca152 570 km²
Caudal medio825 m³/s
DesembocaduraOcéano Atlántico
Altitude desembocadura0 m
Mapa do río Cuanza

Xeografía editar

O río Cuanza nace en Mumbué, municipio do Chitembo, provincia de Bié, na Meseta Central de Angola.[2]

O seu curso, de 960 km, deseña unha gran curva de norte a oeste, antes de desaugar no océano Atlántico, na barra do Cuanza, a uns 50 km ao sur ds capital, Luanda.

A súa conca hidrográfica ten unha extensión de 152 570 km² (unha superficie maior que a de Bangladesh ou o Nepal), sendo o único río plenamente navegábel, durante cerca de 258 km, desde a foz até o Dondo.

 
A Central de Capanda.

As centrais hidroelécticas de Cambambe, Capanda e Laúca producen gran parte da enerxía eléctrica consumida en Luanda. Ademais, os seus encoros fornecen auga para a irrigación de plantacións de cana de azucre e outros cultivos no val do Cuanza.

No seu maior afluente, o río Lucala, encóntranse as grandes Fervenzas de Calandula.[3] Xunto da foz do río encóntrase o Parque Nacional da Quissama.[4]

Historia editar

O curso inferior, navegábel, do río Cuanza foi o berce do antigo reino do Ndongo, tendo tamén sido unha das vías de penetración dos portugueses en Angola no século XVI.[5]

A Central Hidroelétrica de Capanda, entre as provincias de Malanje e Cuanza Sul, cuxa construción se iniciou en 1987 e se rematou en 2007, a cargo da compañía rusa Tekhnopromexport, cun orzamento de 4 mil millóns de US$. Pero tivo un custo adicional de máis de 400 millóns de US $ na reparación dos danos causados ​​durante a ocupación da zona pola Unión Nacional para a Independencia Total de Angola (UNITA) durante a Guerra Civil de Angola entre 1992 e 1999.[6] A central xera enerxía utilizando catro turbinas de 130 megawatts cada unha, totalizando unha capacidade de 520 megawatts.[7]

Fauna editar

Encontroouse unha rica biodiversidade neste río angolano, segundo unha investigación publicada na web do Science and Development Network. O primeiro reconto da biodiversidade do río Cuanza encontrou até agora 50 especies de peixes. Investigadores do National Fishing Research Institute (Instituto Nacional de Investigación Pesqueira) e do South African Institute for Aquatic Biodiversity (Instituto Surafricano para a Biodiversidade Acuática) afirman que as probas xenéticas poden revelar novas especies.[8]

Particularidades editar

O río dá o seu nome a dúas provincias de Angola, Cuanza Norte, na súa marxe norte, e Cuanza Sul, na marxem oposta, así como, desde 1977, á unidade monetaria nacional, o kwanza.[9][10]

Galería editar

Notas editar

  1. Baynes, Thomas Spencer, ed. (1878): Encyclopædia Britannica, Ninth Edition, Volume VI. páxina 81.
  2. "Lei 18 de 2016 da Divisão Politico-Administrativa (Artigo 205,2)" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2018. 
  3. Que antes de 1975 eran coñecidas como Fervenzas do Duque de Bragança.
  4. "Parques Naturais e Zonas Protegidas de Angola". Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  5. Filipe Zau: "A génese do Reino do Ndongo" Arquivado 10 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Jornal de Angola, 5 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de setembro de 20119.
  6. Capanda Dam Arquivado 14 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  7. Fedosov, V. E. (1991). "The Capanda Hydro Development in Angola". Plenum Publishing Corporation. Archived from the original on 14 de xullo de 2011. Consultado o 14 de setembro de 2016. 
  8. "Sub-Saharan Africa news in brief: 13–25 March, 2008". SciDev.Net (website). Consultado o 14 de setembro de 2090.
  9. Henriques, Raul Pinheiro (2013): Designação de unidades monetárias em português: Léxico e normalização linguística . Lisboa: Faculdade de Letras da Universidade de Lisboa. Departamento de Linguística Geral e Românica. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  10. Theroux, Paul (30 de maio de 2013). "The Last Train to Zona Verde: Overland from Cape Town to Angola". Penguin Books Limited – vía Google Books. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros atigos editar

Ligazóns externas editar