Quorthon

músico sueco

Thomas "Quorthon" Forsberg, nado o 17 de febreiro de 1966 e finado o 7 de xuño de 2004, foi un músico sueco, fundador e compositor da banda pioneira do Black metal e Viking Metal Bathory. Compositor e letrista de tódalas cancións da banda, está considerado o pai de ámbolos xéneros musicais.

Infotaula de personaQuorthon
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1966 Editar o valor em Wikidata
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 2004 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSkogskyrkogården Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , produtor musical , cantante , guitarrista , batería Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata - 2004 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Bathory (1983–) Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, black metal e Viking metal Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua sueca Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra eléctrica e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoBlack Mark Production (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiBörje Forsberg Editar o valor em Wikidata
IrmánsJennie Tebler (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1524713 Musicbrainz: bf348cda-3377-4888-82dc-85bba1a2d50a Discogs: 268059 Allmusic: mn0000861981 Find a Grave: 10030741 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Quorthon formou a banda Bathory no ano 1984 cando contaba con 18 anos. Nos primeiros álbums crea un estilo que moitas bandas tratarían de emular tempo despois, o Black Metal coma tal aparece por vez primeira nestes discos.

A comezos dos 90, toma o control total da banda, adicándose a afondar no traballo de estudio e contratando músicos de sesión cando lle era preciso. En moitas ocasións tamén empregaba baterías sintéticas.

En 1993 deixa a Bathory aparcado por un tempo, sacando dous discos baixo o nome de "Quorthon". O primeiro foi chamado Album (1994) e o seguinte Purity of Essence (1997). Aquí atopamos unha música máis orientada ao Rock, alonxándose do que habitualmente fai con Bathory.

Os seguintes discos foron en certo xeito unha volta ao estilo dos primeiros, mais non tiveron o éxito daqueles. En 1996 Quorthon lanza Blood on Ice un albúm conceptual gravado en 1989 pero que non fora editado naqueles intres porque consideraba que estaba por rematar. Continuaría por este camiño coa saga Norland, facendo un intermedio con Destroyer of Worlds que é unha mestura dos estilos que veu desenvolvendo durante toda a súa carreira.

Foi atopado morto dun ataque ó corazón o 7 de xuño do 2004 no seu apartamento. [1] Tiña 38 anos e xa anteriormente sufrira dalgúns problemas de corazón.

O seu pai, Börje "Boss" Forsberg, é o propietario de Black Mark Productions, o selo discográfico independente que Quorthon fundou e baixo o que editou tódalas súas gravacións.

Discografía editar

Con Bathory

Coma Quorthon

Equipo empregado editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar