Bathory foi un grupo de Heavy Metal sueco, e está considerado como un dos pais do chamado Black Metal e sen dúbida o fundador do Viking Metal. O seu nome provén de Elizabeth Bathory.

Bathory
OrixeVällingby, Suecia Suecia
Período1983 - 2004
Xénero(s)black metal, thrash metal, viking metal
Selo(s) discográfico(s)Black Mark, Noise
MembrosQuorthon
The Animal
Freddan/Hanoi
Vans McBurger
Ribban
Stefan Larsson
Adde
Paul Pålle Lundburg
Kothaar
Vvornth
Na rede
http://bathory.nu/
Facebook: Bathory-9089582964 MySpace: bathoryofficial Spotify: 6rBvjnvdsRxFRSrq1StGOM Last fm: Bathory Musicbrainz: d292b4cd-37bd-4a88-a823-8710f273cc31 Discogs: 252018 Allmusic: mn0000151787 Deezer: 11054 Genius: Bathory Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formáronse en Estocolmo, Suecia no ano 1983. Tras varios cambios de nome finalmente fican como Bathory. Nese mesmo ano gravan dous temas para un recompilatorio chamado Scandinavian Metal Attack. Esas cancións causaron grande impacto nos fans e Tyfon Grammofon chamounos para gravar o seu primeiro LP.

Aínda que o disco de Venom Black Metal en 1982 acuñou o termo, realmente foron os primeiros álbums de Bathory os que definiron o xénero musical.

A finais dos anos 80 hai unha evolución na súa música e nas temáticas das letras. Ese paso deuno o Blood Fire Death, onde a temática dos viquingos comeza a ter unha forte presenza. Así mesmo as cancións tórnanse máis lentas e cun certo grao de melodía de carácter épico. O seu seguinte disco Hammerheart, confirma esta liña a seguir, xunto con Twilight of the Gods e Blood on Ice.

A mediados dos anos 90 volta, con Requiem e Octagon ao estilo dos primeiros álbums. Estes foron bastante criticados e considerados un paso atrás para a banda. Finalmente coa saga Norland volverían ó estilo viquingo, talvez a faceta súa máis coñecida.

Bandas coma Metallica, Marylin Manson, Billy Korgan e practimente tódolos grupos de Black Metal e o que hoxe chaman Viking Metal os cita como influencia.

En xuño de 2004 atoparon morto a Quorthon na súa casa, aparentemente sufrira un ataque ó corazón.

O 3 de xuño de 2006 Black Mark Records editou unha caixa en tributo a Quorthon que contén 3 CDs cos seus temas favoritos, un libro de 176 páxinas e un DVD con entrevistas e un vídeo da canción One Road to Asa Bay.

Discografía

editar

Álbums de estudio

editar

Recompilatorios

editar

Vídeos

editar

Formación

editar
  • Quorthon - Guitarras, Voz, Baixo. Compositor de tódalas cancións.

Outros compoñentes

editar
  1. "The only official site of Bathory". www.bathory.nu. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 6 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns Externas

editar